From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tratado Angloirlandés do 1921 supuxo, dunha parte, a fin da guerra de independencia irlandesa, e por outra a división da illa de Irlanda entre a Irlanda do Norte e o Estado Libre de Irlanda.
O 11 de xullo do 1921 declarouse definitivamente unha tregua entre o IRA e o goberno británico. Houbera un total de 1.500 mortes. En agosto convócase unha reunión entre Éamon de Valera, cabeza do Sinn Féin por parte irlandesa e David Lloyd George por parte británica. De Valera, porén, non aceptou ir e enviou no seu lugar Michael Collins, Arthur Griffith, Robert Barton, Eamon Duggan e George Gavan Duffy, que se reuniron con Lloyd George, Winston Churchill e Birkenhead.
Os británicos ameazaron á delegación irlandesa coa guerra total se non o aceptaban, e Collins máis que ninguén era consciente de que o IRA non estaba preparado para gañar esta guerra. De feito, a oposición ao tratado non era tanto pola partición (que consideraban como inviable a longo prazo) senón polo feito de xurar lealdade ao rei inglés.
Os delegados irlandeses sometéronse finalmente ás presións británicas:
O tratado foi asinado o 5 de decembro de 1921. O 7 de xaneiro do 1922 presentaron o proxecto ao Dáil Eireann, que o aceptou despois dunha axitada votación por 64 a favor e 57 en contra. De Valera, que estaba en contra, dimitiu e foi substituído por Arthur Griffith.
As profundas divisións entre os partidarios e contrarios ao tratado provocaron a Guerra Civil Irlandesa (Xuño de 1922 - abril de 1923).
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.