escritora de literatura infantil e xuvenil From Wikipedia, the free encyclopedia
Ánxela Loureiro Fernández, nada en Ferrol en 1956, é unha mestra e escritora galega de literatura infantil e xuvenil. Cultiva diferentes xéneros literarios: teatro, novela, poesía e guión cinematográfico. Exerceu a docencia en colexios e institutos de Ferrol e o Centro de Formación e Recursos.[1][2]
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra, escritora |
Xénero artístico | Teatro, Novela, Poesía, Guión cinematográfico |
Familia | |
Cónxuxe | Guillermo Llorca |
Iníciase como escritora de teatro infantil coa obra titulada Ollo! Hai lurpios na horta que acadou en 1978 o 1º Premio de Teatro Infantil do Ateneo Ferrolán[2][3] e que se representou por toda Galicia en 1980. Aínda que continuou escribindo obras teatrais, en ocasións grazas ás axudas para a creación da Consellería de Cultura, a súa creatividade espallouna a outros xéneros como a poesía ou a novela.
A súa poesía adoita relacionarse coa música, como demostran os premios no concurso Cantareliña (San Sadurniño) e tamén diferentes colaboracións en publicacións e discos.[4]
En 1996, publicou o seu primeiro libro de narrativa, Viaxe de ida e volta. Seguíronlle Laia a nena da illa, Camiño perigoso e Ota quere voar galardoado cos premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento.[4] No ano 2018 publicou Choiva de ras.
Tamén se volcou no mundo do cine como guionista de proxectos infantís: Pica-pica circus, longametraxe en plastilina para a produtora Luafilms; E por que II, curtametraxes de animación sobre exercicio físico e alimentación saudable; e Bruxarías (2015) para a produtora Continental Producciones. Esta última foi candidata á mellor película de animación nos Premios Platino 2017.[5][6]
A súa afección pola música lévaa a participar en varios grupos musicais e a dirixir coros infantís como “Ledicia” do que é a súa fundadora.[7] Formou parte do grupo folk Saraibas actuando en numerosos escenarios de Galicia e Europa e gravando varios discos incorporando a súa voz solista, instrumentos de percusión e realizando arranxos musicais.[8][9][10]
A súa profesión de mestra fai que colabore con relatorios e obradoiros en diversos foros educativos, que escriba artigos en revistas de carácter didáctico, que participe na elaboración de libros de texto ou que publique libros para o profesorado como Canción para o ano onde convida a que se utilice a música popular nas aulas. No eido educativo, ademais, impulsa a recuperación dos xogos tradicionais musicais e defende a súa incorporación nas aulas como elementos de socialización.
En toda a súa obra amosa un especial interese por resaltar os valores da solidariedade, amizade, igualdade e liberdade. A súa linguaxe, sempre, é coeducativa.
En marzo de 2019 presentou o seu libro Voces da memoria con ollos de muller, para dar visibilidade ás mulleres loitadoras no período 1970-1977 en Ferrol e a súa achega para conquistar as liberdades democráticas.[11]
A elas, ás que estando presentes son ignoradas,
ás que sendo solidarias non levan premios,
ás que protagonizando non aparecen nos créditos,
ás que arriscando a súa vida non son heroínas.
A elas, ás que escribiron unha páxina da nosa historia en Ferrol.
Ás mulleres do 72.
Á miña nai e á miña irmá por ser parte deste relato.Dedicatoria de Ánxela Loureiro Fernández en Voces da memoria con ollos de muller [12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.