From Wikipedia, the free encyclopedia
O zócolo (do latín socculus, "baseamento") en arquitectura e construción é a parte inferior dunha construción que ten como función elevar os baseamentos ao mesmo nivel ou cota[1].
Adoitan construírse de pedra tallada con elevadas prestacións aos esforzos de compresión, é por esta razón polo que predomina o granito. O zócolo está soportado directamente sobre os alicerces dos edificios, antigamente consistía nun paralelepípedo pétreo que se asentaba inmediatamente sobre o chan.[2]
Nas columnas denomínase zócolo (ou baseamento) á peza cilíndrica sobre a que se soporta, é por esta razón pola que se emprega como sinónimo de pedestal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.