Zhoubi suanjing

tratado de matemáticas e astronomía da China antiga From Wikipedia, the free encyclopedia

Zhoubi suanjing

O Zhoubi suanjing (chinés tradicional: 周髀算經; chinés simplificado: 周髀算经; pinyin: Zhōubì suànjīng; Wade-Giles: Chou1-pi4 suan4-ching1) é un antigo tratado chinés de astronomía e matemáticas. O Zhoubi é especialmente recoñecido pola súa presentación da cosmoloxía chinesa e dunha variante do teorema de Pitágoras. Afirma conter 246 problemas inventados polo duque de Zhou e outros membros da súa corte, o que situaría a súa composición contra o século XI a.C.. Porén, a versión actual do texto non parece ser anterior á dinastía Han oriental (25-220), con adicións e comentarios de séculos posteriores.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Zhoubi suanjing

Tipoobra literaria
EpónimoDinastía Zhou
Xénero artísticotratado e obra de referencia
Autoría
Autor/aZhao Shuang (en)
Temática
Tema principalmatemáticas, Astrometría e astronomía
Representa ateorema de Pitágoras
Publicación
Data publicación
  • 651 a. C.
  • 100 a. C.
País orixeDinastía Zhou
Editorialvalor descoñecido
Datas
Data de creaciónvalor descoñecido e valor descoñecido
Número de
Partes246
Edicións
[ Wikidata ]
Pechar

Título

O título orixinal da obra era, simplemente, Zhoubi 周髀. O carácter bi 髀 é un termo literario para o fémur, mais neste contexto refírese aos gnomon, un tipo de paus longos que se empregan para establecer o calendario e outros cálculos astronómicos.[1] Por outra banda, o sinograma zhou 周 é ambiguo, polo que o título da obra pode ser traducido como "Sobre os gnomon e os camiños circulares do ceo",[1] "O manual de interpretación de sombras dos Zhou"[2] ou "Os gnomon da dinastía Zhou".[3] O honorífico Suanjing, engadido posteriormente, significa "Clásico da aritmética",[4] "Libro sagrado da aritmética",[5] "Canon matemático"[3] ou "Clásico das computacións".[6]

Datación

Atopáronse gnomon como os descritos na obra anteriores ao 2300 a.C.; ademais, o duque de Zhou ao que se lle atribúe foi un nobre e rexente da primeira xeración da dinastía Zhou. Segundo a tradición, o Zhoubi procede da época do duque de Zhou, polo que sería o tratado chinés de matemáticas máis antigo coñecido.[1] Non obstante, malia que algunhas pasaxes parecen datar do período dos Reinos Combatentes, a versión actual da obra menciona a Lü Buwei; xa que logo, non pode ser anterior ao século I ou II, durante a dinastía Han oriental. A mención máis antiga ao texto é o monumento dedicado ao astrónomo Cai Yong, do 178 d.C..[7] Tampouco aparece no apartado do Hanshu ou Libro dos Han dedicado aos calendarios, a astronomía e as matemáticas.[1]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.