Z (filme)
filme franco-alxeriano de 1969 dirixido por Costa-Gavras From Wikipedia, the free encyclopedia
filme franco-alxeriano de 1969 dirixido por Costa-Gavras From Wikipedia, the free encyclopedia
Z é un filme franco-alxeriano de 1969 dirixido por Costa-Gavras. O guión é obra de Gavras e Jorge Semprún, e baséase na novela homónima de 1966 escrita por Vassilis Vassilikos. O filme presenta unha versión lixeiramente ficcionalizada dos eventos arredor do asasinato do político demócrata grego Grigoris Lambrakis en 1963. Coa súa visión satírica da política grega, o seu escuro sentido do humor e o seu final sombrío, o filme captura a indignación pola ditadura militar que gobernou Grecia durante a época da rodaxe.
Z | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Z |
Director | Costa-Gavras |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Z de Vassilis Vassilikos |
Intérpretes |
|
Música | Mikis Theodorakis |
Fotografía | Raoul Coutard |
Montaxe | Françoise Bonnot |
Estudio |
|
Distribuidora | Cinema V (USA) |
Estrea | 26 de febreiro de 1969 Festival de Cannes: maio de 1969 |
Duración | 127 minutos[1] |
Orixe | Alxeria Francia |
Xénero | Épico e dramático |
Recadación | 17,3 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
O filme vendeu un total de 3 952 913 de entradas en Francia e foi o cuarto filme con maior recadación dese ano no país.[3] Tamén foi o décimo segundo filme con maior recadación de 1969 nos Estados Unidos. Z tamén foi o primeiro filme en ser nomeado nos Premios Óscar ó mellor filme e mellor filme en lingua non inglesa, gañando o último. Tamén acadou o Premio do Xurado no Festival Internacional de Cinema de Cannes, o BAFTA á mellor banda sonora e o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa; na 27ª edición dos Globos de Ouro, os produtores de Z rexeitaron o premio en protesta contra a exclusión do filme na categoría de mellor filme dramático.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.