cantautora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Yolanda Saa Filgueira, coñecida como Yoly Saa, nada en Pontevedra o 4 de outubro de 1992, é unha cantautora e ex xogadora de fútbol sala galega.
(2021, Teatro Lara (pt) ) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Yolanda Saa Filgueira 4 de outubro de 1992 (31 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra |
Actividade | |
Ocupación | cantante , compositora |
Período de actividade | 2018 - |
Selo discográfico | Warner Music Spain |
Participou en | |
2024 | Benidorm Fest 2024 |
29 de setembro de 2022 | Dúos increíbles |
Comezou a xogar ao fútbol sala na canteira do Queiroga, equipo pontevedrés que acabou por fusionarse coa sección feminina do Leis.[1] Converteuse nunha das mellores xogadoras do equipo, o que lle supuxo ser convocada en numerosas ocasións pola selección galega, tanto nas categorías inferiores como máis tarde na selección absoluta.[1] No 2012 deixou o Leis para fichar polo Poio Pescamar, da Segunda División española, equipo co que na súa primeira tempada conseguiu o ascenso á Primeira División.[2] Durante esa época compaxinaba os seus partidos na máxima categoría do fútbol sala cos seus estudos de Educación Infantil e cos inicios da súa carreira musical.[3]
Despois de tres tempadas en Primeira co Poio, no verán de 2016 regresou ao Leis, pero non conseguiu adaptarse ao equipo, polo que acabou pedindo a baixa do club.[4]
Comezou a cantar dende moi pequena grazas ao seu pai, quen lle inculcou a paixón polos boleros.[5] Con 13 anos regaláronlle a súa primeira guitarra polo Nadal e comezou a tocar de forma autodidacta,[5] comezando a compoñer as súas propias cancións con 18 anos, influenciada pola irrupción do cantautor galego Andrés Suárez.[6][7] En 2013, mentres xogaba no Poio Pescamar, un amigo convenceuna para realizar unha versión do tema "Lucha de gigantes" de Antonio Vega e publicala na súa canle de YouTube. O vídeo tivo éxito e deulle recoñecemento no panorama musical galego,[8] comezando ese mesmo ano a realizar as súas primeiras actuacións con público.[3]
En 2018 decidiu marchar a Madrid para apostar pola súa carreira musical.[9] Comezou a tocar no Metro de Madrid e máis tarde pasou a actuar en diversos bares de música en vivo.[10][11] Presentouse ao concurso Abriendo Ventanas lanzado por Andrés Suárez en 2018 e acabou gañando o certame, que tiña como obxectivo buscar novos artistas emerxentes que o acompañasen como abreconcertos.[12] En 2020 asinou un contrato coa discográfica Warner Music.[13]
Ese mesmo ano publicou o seu primeiro EP, titulado Magma, pero foi en 2021, co lanzamento de Todo contigo cando a artista acadou sona no panorama musical español, conseguindo varios millóns de reproducións en Spotify en pouco tempo e soando habitualmente nas emisoras de radio do país.[14]
En abril de 2022 publicou A golpes de fe, o seu primeiro álbum, conformado por 11 temas, e en outubro do mesmo ano comezou a súa participación no concurso de TVE, Dúos increíbles, formando parella coa veterana artista Sole Giménez coa que acadou a final.[15][16]
Ademais ten traballado como compositora e letrista para diferentes artistas como Luz Casal ou Malú.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.