futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Yago Gandoy Martínez, nado na Coruña o 13 de abril de 1999, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no San Sebastián de los Reyes, da Segunda Federación.
Yago Gandoy | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Yago Gandoy Martínez | ||
Nacemento | 13 de abril de 1999 (25 anos) | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Navalcarnero | ||
Número | 14 | ||
Carreira xuvenil | |||
Ural | |||
2009–2018 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017–2020 | Deportivo Fabril | 49 | (5) |
2019–2022 | Deportivo da Coruña | 14 | (0) |
2021–2022 | → Coruxo | 22 | (0) |
2022–2023 | Coruxo | 33 | (1) |
2023–2024 | Navalcarnero | 29 | (0) |
2024– | San Sebastián de los Reyes | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2015 | España sub-16 | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 18 de xullo de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ingresou nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña aos dez anos, procedente do Ural CF.[1] Debutou co Fabril o 10 de decembro de 2017, nun partido de Segunda División B, entrando como substituto de Martín Bengoa na vitoria por 2-3 fronte ao Cerceda.[2]
Incorporouse definitivamente ao Fabril no inicio da tempada 2018-19, e anotou o seu primeiro gol o 4 de novembro de 2018 na vitoria por 2-1 sobre o Rápido de Bouzas.[3] Disputou 24 partidos na tempada, ao final da cal o equipo acabou descendendo a Terceira.
O 21 de setembro de 2019 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, na Segunda División, substituíndo a Ager Aketxe no empate a cero contra o Cádiz.[4] O 9 de setembro de 2020 o club renovou o seu contrato por tres anos.[5] Disputou 11 encontros nesa tempada, case todos na primeira parte da competición.
En agosto de 2021 saíu cedido ao Coruxo, da Segunda División RFEF.[6] Disputou 22 encontros co equipo vigués, 14 deles como titular, e ao remate da campaña asinou co club en propiedade, despois de se desvencellar do Deportivo.[7] Na campaña 2022/23 xogou un total de 34 partidos, 30 deles como titular, e marcou un gol.
Para a campaña 2023/24 asinou co Navalcarnero, da mesma categoría.[8] Disputou 29 partidos co club madrileño, 23 deles como titular, acabando a liga na oitava posición.
En xuño de 2024 asinou como novo xogador do San Sebastián de los Reyes, da Segunda Federación, onde se reencontrou co seu excompañeiro Pablo Brea.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.