investigador e debuxante galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xurxo Lorenzo Fernández,[1] nado en Ourense o 11 de febreiro de 1910 e morto en Zaragoza o 2 de abril de 1934[2], foi un investigador e debuxante, irmán do coñecido etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas, tres anos maior ca el.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1910 Ourense, España |
Morte | 2 de abril de 1934 (24 anos) Zaragoza, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Actividade | |
Ocupación | escritor, debuxante |
Familia | |
Pai | Tabarra |
Irmáns | Xaquín Lorenzo |
A causa da morte do pai, o escritor e caricaturista José Laurentino Lorenzo Álvarez (Tabarra), a finais de 1923, a nai, Joaquina Fernández Barcia, ten que marchar a Arxentina e os irmáns sepáranse para ir vivir Xurxo a Vigo, co avó materno, e Xaquín a Lobeira (Ourense). Xurxo pronto manifesta a súa habilidade no debuxo, así como para tocar diferentes instrumentos musicais.
Aínda que comeza a estudar Arquitectura en Madrid, abandonou a carreira e matriculouse en 1931, co seu irmán, en Santiago de Compostela, para estudar Filosofía e Letras. Os dous irmáns involúcranse no movemento galeguista, no que xa participaran en Ourense, e colaboran co Seminario de Estudos Galegos, no que é nomeado Segredario de Actas en 1932. Estas actividades rematan provocando algúns enfrontamentos cos seus profesores, polo que se ven obrigados a pedi-lo traslado a Zaragoza en 1933, onde Xurxo morre ó pouco de chegar, a consecuencia dunha septicemia.
A pesar do prematuro da súa morte, escribiu diversos traballos en distintas materias vinculadas con Galicia, como arte, historia, arqueoloxía, etnografía ou epigrafía, que publicou en Nós, no Arquivos do Seminario de Estudos Galegos e outras revistas, só ou en colaboración co seu irmán, con Florentino López Cuevillas, Fermín Bouza-Brey e outros.
Exemplos destes traballos son as seguintes publicacións:
Como debuxante, ilustrou O señor feudal, de Vicente Risco e é súa a portada de Autonomía, de Ramón Villar Ponte. Un dos seus debuxos máis reproducidos é o Xogador de porca.
Ramón Otero Pedrayo dixo del, no Libro dos Amigos, que "de ter vivido máis anos sería o mestre e o poeta da súa xeración, cumpridor do voto e arelanza de Vicetto e de Pondal".
En novembro de 2010, o Museo do Pobo Galego presentou unha exposición Debuxos de Lobeira. Plumillas de Xurxo Lorenzo e fotografías de Mark Ritchie.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.