Xulio Ríos Paredes, nado en Moaña o 2 de outubro de 1958, é un ensaísta galego especializado en política internacional.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Graduado Social e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. É director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional desde a súa fundación en 1991, así como da Fundación Plácido Castro do IGADI e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Participa en numerosas publicacións e revistas, tanto galegas como internacionais. Dirixe Tempo Exterior, revista galega de análise e estudios internacionais, e é membro dos Consellos Asesores de Casa Asia e da Fundación Carlos Casares, membro correspondente da Real Academia Galega e da comisión de cultura galega no exterior do Consello da Cultura Galega. É, tamén, director do Observatorio de la Política China e promotor e coordinador da Red Iberoamericana de Sinología. Dirixe o Informe Anual sobre Política China que se publica desde 2007, e desde o 2011, o Simposio Electrónico Internacional sobre Política China.
En 2018 gañou o premio Cátedra Chinesa.[1]
Obras en galego
- Ensaio
- A conversión de Polonia, 1991, Edicións do Cumio.
- Galicia e a Sociedade das Nacións, 1992, Galaxia.
- ¿Que foi daquel soño?, 1992, Xerais.
- China, a próxima superpotencia, 1997, Laiovento.
- Hong Kong, camiño de volta, 1997, Laiovento.
- Plácido Castro, símbolo da universalidade do nacionalismo galego, 1997, Ir Indo.
- A China por dentro, 1998, Xerais.
- Lois Tobío, o diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo, 2004, Ir Indo.
- Nós no Mundo. Unha política exterior para Galicia, 2010, Galaxia.
- A metamorfose do comunismo na China (2021). Faktoría. 432 páxs. ISBN 978-84-16721-80-1.
- Tradución
- Obras colectivas
- O conflicto dos Balcáns: a ex-Iugoslavia, 1994, Ir Indo. Con Carlos Méixome e Laudelino Pellitero.
- Pensar a democracia, 1994, Editorial Inquérito, (Lisboa).
- Rusia: das orixes á quebra dun modelo, 1996, Ir Indo. Con Carlos Méixome e Laudelino Pellitero.
- Cuba, independencia e revolución, 1998, Edicións do Cumio. Con Carlos Méixome e Laudelino Pellitero.
- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Sempre no mundo, 2001, IGADI.
- A acción exterior das CCAA españolas en América Latina: o caso de Galicia, 2002, Aieti.
- Plácido Castro, no centenario, 2002, IGADI.
- Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
- Galicia, un país no mundo: conmemoración cívica 70 aniversario do recoñecemento internacional de Galicia como unha nacionalidade. Lembranza de Plácido Castro, Vigo 18 de setembro 2003, 2004, Ediciós do Castro.
- Libro branco da acción exterior de Galicia, 2005, Xunta de Galicia.
- Congreso Plácido Castro no seu tempo, 2006, Xunta de Galicia.
- Galicia solidaria, 2009, Xerais.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
- A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre.
- Ramón Lugrís. Sempre Galicia, sempre Europa, 2016, IGADI.
- Edicións
Obras en castelán
- Ensaio
- China: ¿superpotencia del siglo XXI?, 1997, Icaria.
- La política exterior de China, la diplomacia de una potencia emergente, 2005, Bellaterra.
- Taiwán, el problema de China, 2005, La Catarata.
- Mercado y control político en China, 2007, La Catarata.
- China de la A a la Z: diccionario general de expresiones chinas, 2008, Editorial Popular, Madrid.
- China en 88 preguntas, 2010, La Catarata.
- China pide paso, 2012, Icaria.
- China Moderna. Una inmersión rápida. 2016. Tibidabo.
- Obras colectivas
- Las relaciones hispano-chinas. Historia y futuro, 2013, La Catarata.