From Wikipedia, the free encyclopedia
Pietro Campanora, baixo o nome de Xoán XIV, nado en Pavia e finado o 20 de agosto 984 en Roma, foi o papa n.º 136 da Igrexa católica do mes de decembro 983 ao 20 de agosto de 984.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nome orixinal | (la) Ioannes XIV |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Pietro Canepanova século X Pavia, Italia |
Morte | 20 de agosto de 984 Roma, Italia |
Causa da morte | envelenamento |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
136º Papa | |
novembro de 983 – 20 de agosto de 984 (Gregoriano) ← Bieito VII – Xoán XV → | |
Bispo diocesano | |
978 – – Folco Scotti (pt) → Diocese: Diocese de Pavia (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:John XIV. Encyclopædia Britannica |
En 983, á morte de Bieito VII, o emperador Otón II impón como novo papa ao seu vicechanceler imperial en Italia e bispo de Pavia, Pietro Campanora, quen tomou o nome de Xoán ao considerar que non era digno para levar no seu pontificado o mesmo nome que o do apóstolo, e primeiro papa, San Pedro. Tense que observar que todos os outros papas do nome Pedro tiveron o mesmo razoamento.
Aos poucos días da elección papal, o emperador faleceu e foi sucedido no trono polo seu fillo Otón III de tan só tres anos de idade; circunstancia que aproveito o antipapa Bonifacio VII para regresar do seu exilio de Constantinopla en abril 984 e ocupar por segunda vez, e de forma igualmente ilexítima, o trono de San Pedro.
Bieito VII encarcerou o papa Xoán XIV, en abril 984, no Castelo de Santo Angelo (en lingua italiana, "Castel Sant' Angelo") onde faleceu de fame ou, segundo outras versións, envelenado, o 20 de agosto de 984.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.