historiador portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán Biclarense (Iohannes Biclarensis, en latín), nado cara ao ano 540 probablemente en Lusitania e finado cara ao ano 621, foi un eclesiástico, bispo de Xirona e autor dunha curta crónica dos anos 567 ata cara ao 590 de interese nos tempos da conversión dos visigodos do arianismo, herexía do cristianismo, ao catolicismo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 540 Santarém, Portugal |
Morte | 621 (>621) (80/81 anos) Xirona, España |
Bispo de Xirona | |
591 – | |
Abade | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | historiador, cronista |
Período de tempo | Hispania visigoda |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Descrito pola fonte | Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) |
Nado en Scallabis (nome romano de Santarém) na Lusitania baixo control visigodo durante o reinado de Teudis. Polos anos 558-560 foise a Constantinopla para estudar para unha longa estada de máis de dez anos.
Contribuíu na controversia dos Tres capítulos que rematou cun cisma no segundo concilio ecuménico de Constantinopla (553) dándolle paso a fundación do Patriarcado de Aquilea como entidade independente nos vindeiros anos.
Segundo Isidoro de Sevilla, cando volveu a Hispania, cara ao ano 576, non quixo integrarse na igrexa oficial ariana do reino visigodo durante o reinado de Leovixildo.
Á morte do rei, no ano 586, funda un mosteiro (mosteiro Biclarum), probablemente na rexión de Tarragona e redáctalle regras propias, non atopadas polos historiadores (agosto 2011).
Recaredo I converteuse ao catolicismo e nomeou a Xoán Biclarense bispo de Xirona. Logo sábese que participa en varios concilios da Igrexa Católica.
A partir de 589, ano do Terceiro Concilio de Toledo, comeza a redacción dunha crónica.
Xoán Biclarense escribiu o Chronicon (Cronicón Biclarense) aproximadamente entre os anos 589 e 591[1]. Relata eventos acontecidos dende 567 ata cara 590, polo tanto cobre o reinado de Leovixildo e o comezo do reinado de Recaredo I, sendo así unha fonte para os historiadores sobre a historia do cristianismo arredor do Terceiro Concilio de Toledo, no cal o reino visigodo abandonou oficialmente o arianismo. Abarca tamén eventos que coñeceu na súa estancia en Constantinopla e sobre a cristianización dos Garamantes, antigo pobo nómade que andaba polos territorios de Libia e do Cordal do Atlas no nordeste de África.
Escrito en latín o Chronicon segue as achegas de cronistas como Próspero de Aquitania, Victor Tonnenensis (tamén bispo da diocese africana de Tunnuna que corresponde a provincia romana), no tocante ó concepto de crónica universal e tamén no uso en escritos históricos da datación da era cristiá para a cronoloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.