Xosé María Cao Luaces
caricaturista e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xosé María Cao Luaces, nado en Cervo o 13 de decembro de 1862 e finado en Lanús o 27 de xaneiro de 1918, foi un caricaturista e xornalista galego.
Remove ads
Traxectoria
Fillo dun funcionario de Facenda, residiu de novo en varios lugares, até que o seu pai conseguiu un emprego na fábrica de Sargadelos. Despois marchou a Xixón, onde traballou como pintor decorador na fábrica de louza La Asturiana e foi alumno de José María López Rodríguez. Emigrou a Buenos Aires en 1886. Ao ano seguinte foi contratado por Eduardo Sojo, director da revista Don Quijote. Traballou en Caras y Caretas.
Fundou o Orfeón Gallego en 1890. En 1892 creou e dirixiu o periódico El Eco de Galicia, desde o que impulsou a refundación do Centro Galego de Buenos Aires, pechado un ano antes. En 1894 fundou a revista El Cid Campeador, que se fusionou con La Bomba en 1895. Ilustrou almanaques da época, como El Criollo en 1893.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé María Cao Luaces ![]() |
Bibliografía
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011.
- "Cao Luaces, Xosé María". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Cagiao Vila, María del Pilar; Núñez, Xosé M. (2007). "Os galegos de ultramar: Galicia e o Río de la Plata". A gran historia de Galicia. 21. 10. 2. La Voz de Galicia. p. 125. ISBN 978-84-96931-00-8.
Ligazóns externas
- "Xosé María Cao Luaces". Álbum da Emigración do Consello da Cultura Galega.
- Xosé María Cao: “Pai da caricatura arxentina” arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015.
- José María Cao Luaces: “The Best Galician Cartoonist of all Time” ( Inglés)
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads