historiador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Estévez Rodríguez, nado en Quiroga o 29 de agosto de 1943, é un historiador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Xosé Estévez Rodríguez 29 de agosto de 1943 (81 anos) Quiroga, España |
Residencia | Oiartzun |
Formación profesional | Estudos Eclesiáticos, Filosofía e Letras |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Empregador | Universidade de Deusto Nazaret Fundazioa |
Xénero artístico | Ensaio |
Premios | |
| |
Diplomado en Estudos Eclesiásticos, Seminario Maior Diocesano de Lugo, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid en 1973, e doutor en Historia pola Universidade de Deusto, en 1990.
Primeiro foi crego, un crego atípico, moi lembrado pola banda da Fonsagrada, que non cobraba nos enterros e participaba como un veciño máis en todos os traballos comunais. Secularizouse e fíxose historiador. Máximo especialista en Galeusca.[1]
Trasladouse en 1973 ao País Vasco segundo as súas sus propias palabras "pola agradable chaamada do amor e o duro imperativo do traballo". Tivo dous fillos, e unha filla falecida en 2006.[2]
Profesor na Universidade de Deusto, Campus de Donostia, de Historia Moderna desde 1973, de Historia Moderna e Contemporánea do País Vasco desde 1993, de Nacionalismos e Rexionalismos desde 1995, de Sociedade e Cultura na España Contemporánea desde 1999 e de Historia da España Actual tamén desde 1999 ata a súa xubilación. Tamén exerceu a docencia como profesor titular de FP-2 e de Bacharel LOGSE no Centro Nazaret, da Fundación Kutxa.[3]
Socio de número da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País, desde 1987, colaborador da Gran Enciclopedia Ilustrada do País Vasco e dos periódicos Deia, Gara e A Nosa Terra.
Grande amigo de Manuel María, publicou un estudo sobre a súa relación con Euskal Erria.[4]
En 2017 foi o duodécimo Premio Galiza Mártir.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.