From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán Zonaras (en grego: Ἰωάννης Ζωναράς, Yoánnes Zonarás) foi un historiador, canonista e xurista bizantino do século XII.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1070 ↔ 1075 Imperio Bizantino |
Morte | c. 1145 (>1140) (70/71 anos) |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | escritor, teólogo, monxe, historiador, canonista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) |
Sobre a vida de Xoán Zonaras, só se sabe o que contan as súas propias obras. Debido a que menciona a segunda voda do emperador Manuel I Comneno, que tivo lugar o 25 de decembro de 1161, só puido ser xefe da chancelería imperial baixo os emperadores Xoán II Comneno (1118–1143) ou Manuel I (1143–1180). Zonaras foi drungario da garda,[1] un dos xuíces máis importantes do imperio, no século XII.
A obra principal de Zonaras é o Epitomé historion (Ἐπιτομὴ ἱστοριῶν), na que conta a historia do mundo desde a súa creación ata 1118.[2] A obra xurdiu tras un exilio como monxe nun convento na illa de Hagia Glykeria, posiblemente provocado pola entronización de Xoán II Comneno. Na introdución á súa historia do mundo, xustifica que estea a escribir como monxe: por unha banda menciona peticións de amigos e por outra, que o traballo literario distráeo das tentacións terreais. A intención de Zonaras era resumir a historia en forma de manual (Epítome), concentrándose nos feitos, polo que, ao contrario doutros contemporáneos, procurou non derivar demasiado na teoloxía. Aínda así, a división da súa obra oriéntase á relixión: a primeira parte é a historia xudía, a segunda a romano-cristiá. A división actual dividida en 18 libros, segue a realizada polo experto en Bizancio, o francés Charles Du Fresne, Seigneur Du Cange (1610–1688). Nos libros 1 ao 12 cóntase a historia desde a creación ata a tetrarquía romana. Os libros 13 ao 18 tratan a historia do Imperio bizantino desde Constantino I o Grande ata a morte de Aleixo I Comneno en 1118.
Ademais, Zonaras realizou un comentario dos cánones xurdidos dos sínodos locais e ecuménicos da Igrexa ortodoxa e dos canons dos pais da Igrexa. Existen outras dúas pequenas obras sobre o dereito eclesiástico. A miúdo atribúeselle de forma equivocada o Zonarae Lexicon, unha enciclopedia que foi recompilada por monxes bizantinos durante o século XIII.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.