Remove ads
Papa n°123 da Igrexa católica From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán XII, nado en Roma cara ao 937 e finado o 14 de maio de 964, foi o Papa nº 132 da Igrexa católica.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 937 Roma, Italia |
Morte | 14 de maio de 964 (26/27 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Basílica de San Xoán de Latrán |
130º Papa | |
16 de decembro de 955 – 14 de maio de 964 (Gregoriano) ← Agapito II – Bieito V → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, gobernante, escritor |
Influencias | |
Outro | |
Título | Conde |
Pais | Alberico di Roma e Alda da Itália |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:John XII. Encyclopædia Britannica |
Foi fillo ilexítimo de Alberico II e, polo tanto neto da famosa prostituta Marozia (amante de Serxio III) e neto da meretriz Teodora, foi imposto polo seu pai antes da súa morte en 954, e elixido Papa trala morte de Agapito II.
De nome Octaviano, tiña no momento da súa elección menos de dezaoito anos e unha nula formación, tanto mundana como relixiosa. Ó acceder ó pontificado tomou o nome de Xoán XII, sendo o segundo Papa en mudar o seu nome despois de Xoán II.
Durante o seu pontificado, considerado como un dos máis nefastos da historia da Igrexa pola catadura moral do pontífice, o rei de Italia Berengario II intentou estender a súa soberanía sobre territorios da Igrexa, o que impulsou a Xoán XII a solicitar en 960 a axuda do rei alemán Odón I, ofrecéndolle como recompensa a coroa imperial.
Odón penetrou en Italia e tomou Pavia, cidade que xa tomara durante o pontificado de Agapito II, pero nesta ocasión dirixiuse inmediatamente a Roma, onde foi coroado emperador o 2 de febreiro de 962, facendo que tanto o Papa como o pobo romano lle prestasen xuramento de fidelidade. Con esta coroación naceu o Sacro Imperio Romano Xermánico.
Xoán XII e Odón I rubricaron a súa alianza o 13 de febreiro dese mesmo ano no documento coñecido como Privilegium Othonis, polo que o emperador confirmaba as doazóns territoriais feitas á Igrexa desde o reinado de Pipino o Breve a cambio da aplicación da coñecida Constitutio Lotharii, documento firmado en 824 polo papa Uxío II e o emperador Lotario I, que establecía que ningún papa sería consagrado ata que a súa elección fose aprobada polo emperador de Occidente, que o emperador exercía o máis alto poder xudicial sobre Roma, e onde se prestaba xuramento de lealdade entre Roma e o Imperio.
Este pacto mantívose só durante o tempo que Odón permaneceu en Roma, xa ó abandonar Italia, Xoán XII rompeu o xuramento de fidelidade e buscou alianzas cos bizantinos, os húngaros e os príncipes italianos para desembarazarse do flamante emperador.
Odón reaccionou cunha nova marcha militar sobre Roma, que obrigou a Xoán XII a fuxir da cidade. O emperador convocou un concilio en San Pedro en novembro de 963, no que depuxo ó Papa acusándoo de vicios como o incesto, perxurio, homicidio e sacrilexio, imputacións completamente fundadas.
Inmediatamente despois foi elixido para substituílo o secretario do emperador, León, un segrar que recibiu as ordes sagradas ese mesmo día e que tomou o nome de León VIII.
Xoán XII, que na súa fuxida levara o tesouro da Igrexa, organizou un exército co que regresou a Roma en febreiro de 964, unha vez que Odón regresara a Alemaña. Convocou un concilio que depuxo ó fuxido León VIII e dedicou os últimos días da súa existencia a vingarse dos seus opositores, o que motivou que Odón regresase novamente a Roma, aínda que ó chegar xa falecera Xoán XII.
Xoán XII faleceu o 14 de maio de 964, ó parecer asasinado por un marido que sorprendera ó Papa no leito da súa muller, aínda que outra versión di que morreu de apoplexía en pleno acto sexual.
Informes do seu tempo concordan co seu desinterese no espiritual, a súa afección a paceres groseiros e a súa vida disoluta sen inhibicións.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.