Xoán Costa

filólogo, escritor e profesor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Xoán Costa

Xoán Xosé Costa Casas, nado en Oroso o 23 de febreiro de 1956, é un profesor e escritor galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Xoán Costa
Thumb
(2017)
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1956 (68 anos)
Oroso, España
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónescritor, filólogo, catedrático

AELG: 509
Pechar

Traxectoria

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudos na Universidade de Lisboa durante o curso 1981-1982. Foi profesor de Lingua e Literatura Galega no IES de Canido (Ferrol) durante os anos 1982 e 1983, no IES de Elviña (A Coruña) en 1984, e no IES Menéndez Pidal desa mesma cidade desde 1985 a 2016, ano en que abandonou, por xubilación, a súa actividade docente.

Autor de estudos e artigos sobre lingua e sobre literatura galega, e colaborador en publicacións periódicas galegas (A Nosa Terra, Terra e Tempo). Entre 2001 e 2020 foi presidente da AS-PG, cargo en que o sucedeu Patricia Varela. Foi o primeiro director, entre 1985 e 1987, da revista Agália. Colabora en Nós Diario e Sermos Galiza, do que tamén é presidente do Consello de Administración.[1] En Nós Diario ten varias seccións fixas, ocupándose da sección de pasatempos xunto con Xerardo Rodríguez Roca, e tamén da revista de pasatempos A formiga no carreiro, editada por Nós Diario. Tamén se ocupa dos refráns que aparecen cada día e da sección denominada Pretéritos.


Obra

Obra colectiva

  • Nova gramática para a aprendizaxe da língua, 1988, Vía Láctea. Con César Morán, María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
  • Actividades de expresión oral e escrita, 1990, Baía Edicións.
  • Actividades de léxico 1 e 2, 1990 e 1991, Baía Edicións. Con María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
  • Actividades de construción gramatical, 1991, Baía Edicións. Con María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
  • O ensino da língua: Por un cámbio de rumo, 1995, AS-PG, en colaboración con Pilar García Negro.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.