A xibarda[1], silbarda[2] ou xilbarbeira[3] (Ruscus aculeatus L.) é unha especie fanerógama arbustiva, perenne, pertencente á familia das ruscáceas. Trátase dun arbusto (pode alcanzar os 80–100 cm de altura) que adoita crecer asociado ás carballeiras (fragas, formacións de aciñeiras...), e macizos de matogueiras. Tamén se coñece polos nomes populares de rascacú e mesquita.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Xibarda
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Asparagaceae
Subfamilia: Nolinoideae
Xénero: Ruscus
Especie: R. aculeatus
Nome binomial
Ruscus aculeatus
L.
Pechar

Distribución

É orixinaria de Eurasia e en Europa crece principalmente no sur do continente, na área mediterránea. Vive desde o nivel do mar até os 1.000 metros de altura no sotobosque centroeuropeo e mediterráneo, aínda que tamén a atopamos no norte de África e Asia. Prefire os solos básicos, secos e fértiles e as zonas sombrizas.

É abundante en toda Galicia, en carballeiras e soutos ou sobre substratos rochosos, especialmente en zonas húmidas.

Descrición

Thumb
Detalle dunha mata cun froito aínda verde (no ángulo superior esquerdo distínguense unhas follas de buxo).

É un pequeno arbusto de 30 a 80 cm de altura de cor verde escura, con rizomas subterráneos dos que saen talos florais masculinos ou femininos. En ambos os casos presenta dous tipos de talos: os normais son lisos e arredondados, mentres que os outros teñen falsas follas, de forma ovolanceolada de 2 a 3 cm de lonxitude e acabadas cunha punta ríxida e punzante.

As follas verdadeiras son diminutas, a modo de pequenas escamas lanceoladas e cun pequeno esporón, que normalmente pasan desapercibidas. Aparecen nas axilas e teñen entre 3 e 4 mm de lonxitude. O que semellan ser as follas da planta son realmente unhas poliñas modificadas, denominadas tecnicamente cladodios ou filóclados, con forma de folla lanceolada ancha, de cor verde e consistentes, rematadas nun apéndice espiñento e dispostas alternadamente.

As flores, que nacen na primavera, son pequenas e averdadas, unisexuais e dioicas [4]. Nacen en grupos de 2-3 no centro daqueles cladodios. O froito é unha baga do tamaño dunha cereixa pequena e de cor vermella ó madurecer, de 10 a 12 mm de diámetro con dúas sementes. Estes froitos son tóxicos e poden provocar vómitos e diarreas, especialmente nos cativos. A diseminación faise por medio das deposicións dos animais que comen os froitos (endozoocora). Reprodúcese tamén por rizomas que emiten novos talos.

Toda a planta fai a fotosíntese fóra das follas verdadeiras que se desprenden rapidamente. As flores son pequenas, verdosas ou violáceas, están situadas no centro con seis tépalos en dous verticilos. As femininas son tricarpelares con ovario súpero mentres que as masculinas teñen tres estames soldados polos filamentos. A polinización faise por medio de insectos (entomógama).

Usos

Medicinal

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Thumb
Xilbarbeira

O rizoma utilízase en homeopatía como diurético, en infusión, cocción ou extractos. Tamén se recomenda contra as hemorroides ou as varices, en uso externo, grazas aos seus compoñentes que son vasoconstritores e antiinflamatorios. Reduce tamén a celulite e, ao conter rutósido, axuda contra a flebite e mellora a circulación. É un bo diurético e posúe propiedades febrífugas. Moi recomendable contra os cálculos da vesícula, amolece a febre e combate a gota e a artrite, xa que axuda a eliminar o ácido úrico. Contén gran cantidade de taninos, glicósidos, resina, calcio e potasio.

Non se debe administrar durante o embarazo ou lactación. Os seus froitos, consumidos por nenos, provocan vómito, diarreas e convulsións.

Ornamental

Utilízase tamén en floraría para a confección de ramos de flores. En moitos países as súas pólas utilízanse como decoración do Nadal.[5]

Vasoiras

Ata mediados do século XX, a xibarda aproveitábase (como tamén as xestas e codesos) para facer vasoiras. Era moi común que antes da malla se varrese a aira coas súas pólas secas. De feito, en Suarna denomínana escobas.

Sinonimia

  • Ruscus parasiticus Gueldenst. (1787).
  • Ruscus aculeatus var. angustifolius Boiss. (1882).
  • Ruscus ponticus Woronow (1916).
  • Ruscus aculeatus f. pumilus Druce (1931).
  • Ruscus laxus Sm. 1797
  • Ruscus flexuosus Mill. 1768
  • Ruscus aculeatus subsp. laxus (Sm.) K.Richt. 1890
  • Oxymyrsine pungens Bubani[6][7]
  • Poñerse máis vermello que a doa das silbardas: por timidez ou vergonza.

A planta recibe nos diferentes puntos de Galicia outras denominacións comúns: azoutacristos, brusco, mezquita (e mesquita ou mesquito), picanceira (e picaceira ou picantel), rascacú (e rascacús), picamulos (aparente híbrido das dúas anteriores), silbarda/silvarda/xilbarda (e silbardeiro, silbarbeira ou xilbardeira) ou xarda (e xardeira).

Polas súas falsas follas espiñentas e os froitos vermellos, tamén se lle chama silva garabanceira.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.