From Wikipedia, the free encyclopedia
Xiao Varela Gómez, nado na Coruña en 1978, é un arquitecto e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) A Coruña, España |
Concelleiro da Coruña | |
2015 – 2020 | |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, político |
Partido político | Marea Atlántica |
Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, dedicouse á arquitectura, ao urbanismo e á intervención comunitaria desde a Cooperativa Hábitat Social, da que foi socio fundador e da que causou baixa antes da súa incorporación ao goberno municipal coruñés no ano 2015.
Dentro do seu ámbito profesional realizou diversos traballos, desde o urbanismo participativo até a construción natural, investigando, divulgando e promovendo o uso de materiais naturais e a recuperación das técnicas tradicionais na construción moderna.
Activista social, participou de diferentes iniciativas vencelladas ao urbanismo crítico, denunciando a especulación urbanística e traballando para dar solución aos asentamentos precarios da cidade da Coruña.
Na órbita do Bloque Nacionalista Galego durante o período 2007-2011[1],[Verificar credibilidade] en 2014, participou activamente na creación do espazo cidadán de confluencia, Marea Atlántica, que terminou por constituírse nun partido instrumental para presentarse ás eleccións municipais do ano 2015. Nese mesmo ano chegou ao goberno municipal da Coruña tras ir como número tres da candidatura.
Dentro do goberno municipal, foi nomeado segundo tenente de alcalde, responsable da Área de Rexeneración Urbana, Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible, e representante do concello como conselleiro na Autoridade Portuaria da Coruña, dende a que loitou pola defensa da titularidade pública dos terreos dos peiraos interiores da cidade.
Despois de que a Marea Atlántica perdese o goberno da cidade no ano 2019, continuou exercendo como concelleiro da oposición, até que en setembro de 2020 anunciou a súa intención de renunciar á súa acta,[2] e solicitou a súa baixa da Marea Atlántica, que se fixo efectiva en novembro dese mesmo ano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.