From Wikipedia, the free encyclopedia
As Xeracións roubadas (tamén coñecidas co nome de Os nenos roubados) constitúena os fillos e descendentes dos aborixes australianos e os insulares do estreito de Torres que foron separados pola forza das súas familias polas axencias do goberno federal e os Estados de Australia xunto coas misións da Igrexa. Os traslados ocorreron entre os anos 1869 e 1969, aínda que nalgúns lugares moitos nenos foron trasladados mesmo até a década de 1970.
Na súa meirande parte, estes nenos eran mestizos de nai aborixe e pai branco. En canto eran detectados, víanse forzados a abandonar as súas familias e eran colocados en orfanatos, internados, misións cristiás ou familias brancas de acollida.
Estes actos son recoñecidos pola maioría da clase política de Australia como un dos episodios máis escuros da súa historia. Porén, o debate e a controversia continúan hoxe en día. En 1997, un informe titulado "Bringing them home" (Levalos á casa) detalla a historia destas prácticas, publica testemuños e suxire que preto de cen mil nenos pertencen ás Xeracións roubadas.
O 13 de febreiro de 2008, o goberno federal de Australia, encabezado polo Primeiro Ministro Kevin Rudd, emitiu unha desculpa formal ós indíxenas australianos por tódolos danos que sufriron polas Xeracións roubadas.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.