Francisco Xavier Fernández Villaverde, máis coñecido como Xavier Villaverde, nado na Coruña o 2 de maio de 1958, é un director de cine galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaXavier Villaverde

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
RepresentanteLIMA (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
12 de xuño de 1987documenta 8 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontemediakunst.net (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0898178 Allocine: 139635 BNE: XX1484669 BUSC: villaverde-xavier Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Thumb
Estrela en Cans.

En súper 8 e en galego filmou A Semente en 1977. Vencellado ó Equipo Imaxe rodou en 16mm o documental Circos (1979). En 1982 realizou en claves neorrealistas a súa primeira curtametraxe en 35mm, Tacón. Comezou a destacar no campo da creación en vídeo, sendo a obra máis coñecida dos seus principios Veneno Puro de 1984. Con Viúva Gómez e Sexo Macumba insistiu no mesmo estilo experimental. A curtametraxe Alicia en Galicia (1986) recibiu o primeiro premio no 16º Festival Internacional de Cinema de Montreal.

En 1989 realizou a súa primeira longametraxe, Continental. Logo adicouse un tempo a realización de publicidade, para dez anos máis tarde volver a dirección cinematográfica con Fisterra, onde termina o mundo (1999). A súa terceira longametraxe, tralo éxito de crítica e público de Fisterra, foi un filme de suspense e terror psicolóxico, Trece badaladas, baseada nunha idea do escritor Suso de Toro e rodada entre febreiro e maio do 2002 en Santiago de Compostela.

Despois de compartir a produción executiva da opera prima de Rodrigo Cortés, Concursante (2007) estreou O sexo dos anxos no 2012.

Filmografía

Longametraxes

Vídeo

  • Veneno Puro (1984)
  • Viúva Gómez (1984)

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaFilmeResultado
2012Mellor directorO sexo dos anxosNomeado
2015Premio de Honra "Fernando Rey"Gañador
Pechar

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.