From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha xavelina é unha lanza deseñada para ser guindada.[1]
Historicamente usouse como arma, empregada polos cazadores prehistóricos para conseguir animais de mediano ou gran tamaño, como os xavarís, e polos guerreiros nas súas batallas, pero na actualidade utilízase case exclusivamente en competicións atléticas.
Na Antigüidade clásica esta arma foi usada por soldados da infantaría lixeira,[2] e o seu emprego continou até tempos moi recentes século XIX.
En moitas sepulturas de guerreiros celtiberos acháronse xavelinas de ferro e, no tapiz de Bayeux se representa unha batalla con xavelinas lanzadas ao aire contra o exército inimigo. Para darlles maior forza de impulso e recuperalas despois de guindalas, atábanse algunhas cunha correa ao soldado, correa que se conoce co nome de "amento" (do latín amentum).[Cómpre referencia]
A xavelina foi case sempre lanzada a man, ao contrario das frechas con arco e as catapultas, que disparaban proxectís mediante a acción dun mecanismo.[3]
Porén, existía dispositivos para axudar ao lanzador do dardo a alcanzar unha maior distancia, xeralmente chamado propulsor.
Na Idade Media, aparatos lanzadores como espringales e béstas usáronse para lanzar xavelinas moi pesadas ou moi longas para poder ser gunidadas por homes.[4]
Na actualidade a xavelina utilízase case exclusivamente en competicións atléticas.
Tendo en conta que o lanzamento de artefactos de diferentes formas e tamaños para cazar animais a distancia para conseguir sustento remóntase a moitos miles de anos atrás, e que o home desde antigo sempre tivo unha tendencia a medirse cos demais homes para demostrar que era o mellor, pódese supoñer que a exhibición deste tipo de habilidades, lanzar máis lonxe ou con máis puntería, podería ter unha orixe moito máis distante do que mostra a historia escrita.
En concreto, o lanzamento de xavelina como deporte de competición regrado xa se realizaba na antiga Grecia, incluída dentro da proba de péntatlon, nos Xogos Olímpicos da Antigüidade e nos Xogos Panhelénicos. O péntatlon era a competición por excelencia dos Xogos Olímpicos. Incorporouse no ano 708 a. C. e consistía nas cinco probas seguientes:
A técnica para lanzar a xavelina suponse que era diferente á actual, posto que se permitía utilizar tiras de coiro para utilizalas como propulsor, chamadas amentum en latín, e que, acabadas en dous orificios polos que se introducían dous dedos para enrolalas na xavelina, prolongaban a lonxitude do brazo do atleta e, ao mesmo tempo imprimían á xavelina un xiro que a estabilizaba no aire.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.