From Wikipedia, the free encyclopedia
Xaneiro Negro (en azarí: Qara Yanvar), tamén chamada Sábado Negro ou Masacre de Xaneiro é o nome por que é coñecida unha acción do exército soviético para deter a violencia entre armenios e azarís en Bakú, na República Socialista Soviética de Acerbaixán ocorrida a 20 de xaneiro de 1990.
A violencia inter-étnica que se rexistrou antes da primeira guerra de Nagorno-Karabakh comezou a facer cada vez máis vítimas, obrigando a maioría da poboación azarí residente en Armenia a refuxiarse no seu país, ao mesmo tempo que os armenios residentes no Acerbaixán procedían ao movemento inverso.[1] A escalada do conflito estaba tan fóra de control que os o goberno central de Moscova tomou control directo da rexión en xaneiro de 1989, unha medida que foi recibida con agrado por moitos armenios.[2] No verán dese ano, os líderes de Fronte Popular de Acerbaixán e os seus partidarios conseguiron que a RSS de Acerbaixán iniciase un bloqueo aéreo e ferroviario contra a Armenia, o que estrangulou a economía do país, xa que o 85% da carga e dos bens que chegaban ao país viñan por vía férrea, ademais de illar a República Autónoma de Nakhichevan totalmente do resto da Unión Soviética.[1] A interrupción do servizo ferroviario á Armenia foi motivado en parte polos ataques de militantes deste país contra traballadores azarís que entraban no seu territorio, tendo estes comezaran a rexeitar-se a cumprir estes servizos.[3]
En xaneiro de 1990 ocorreu un pogrom contra armenios en Bakú, o que forzou o goberno de Mikhail Gorbachev a declarar o estado de urxencia e a enviar as tropas do Ministerio do Interior (Ministerstvo Vnutrennikh Del coñecido por MVD) para restablecer a orde. Foi establecido o toque a recoller (cousa nunca vista na URSS desde a segunda guerra mundial) e ocorrían frecuentemente combates violentos entre as forzas soviéticas e membros da Fronte Popular de Acerbaixán, estes incidentes deixaron como saldo máis de 120 azarís e 8 soldados do MVD mortos en Bakú.[4] Con todo, durante este período o Partido Comunista de Acerbaixán caera, sendo a orde de envío das tropas do MVD máis para manter o partido no poder que para protexer a poboación armenia do país.[5] Estes eventos, coñecidos como "Xaneiro Negro" determinaron a relación futura entre o Acerbaixán e Rusia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.