colección de citas soadas de personaxes famosas From Wikipedia, the free encyclopedia
Wikiquote é unha colección de citas soadas de personaxes famosos, libros e proverbios. Realízase de forma colaborativa a través de Internet, baixo a licenza libre GFDL, e baseándose en tecnoloxía wiki. Baséase nunha idea de Daniel Alston, implementada por Brion Vibber.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
É un proxecto irmán de Wikipedia, sendo auspiciado tamén pola Fundación Wikimedia, e utilizando o mesmo software, MediaWiki.
Non alcanzou un desenvolvemento tan grande como Wikipedia, pero existen xa versións en varios idiomas. Entre todos eles conta con máis de 364 000 páxinas, das que unhas cen mil poden ser propiamente artigos de citas (sen contar redireccións, páxinas de conversa nin instrucións sobre o propio proxecto). Máis de vinte mil destes artigos corresponden á versión en inglés. A versión en español é a sétima en número de artigos: ten máis de dezanove mil páxinas, das que máis de cinco mil son artigos de citas.
O interese por Wikiquote fixo crecer os proxectos. O 13 de novembro de 2004, a versión en inglés alcanzou os 2000 artigos. En marzo de 2005, antes de que o subdominio en inglés alcanzase os 3000 artigos, Wikiquote entre todos os seus idiomas xa presentaba 10 000 páxinas. Ao concluír 2005 xa había 7 Wikiquotes con máis de 2000 artigos de citas (como antes, sen contar páxinas de conversa, de redirección nin de axuda), mentres Wikiquote en español apenas superaba os mil:
Idioma | Wiki | N.º de artigos | Usuarios rexistrados |
---|---|---|---|
Inglés | en | 9133 artigos | 6765 usuarios |
Alemán | de | 4268 artigos | 1399 usuarios |
Francés | fr | 2827 artigos | 545 usuarios |
Búlgaro | bg | 2232 artigos | 139 usuarios |
Polaco | pl | 2221 artigos | 457 usuarios |
Portugués | pt | 2190 artigos | 238 usuarios |
Italiano | it | 2126 artigos | 351 usuarios |
Español | es | 1016 artigos | 588 usuarios |
En xaneiro de 2006, 26 proxectos estaban activos (no sentido de que tiñan polo menos un artigo lexítimo de citas e rexistraron polo menos unha edición no mes).
En abril, Wikiquote en francés (o terceiro proxecto en número de artigos) foi pechada por problemas legais, xa que parte do contido podía violar dereitos de bases de datos. O 4 de decembro de 2006 foi reaberta, e un ano despois superaba os oitocentos artigos (segundo as súas estatísticas).
Para o 3 de xaneiro de 2008, as catorce Wikiquotes que superaban os mil artigos eran:
Idioma | Wiki | N.º de artigos |
---|---|---|
Inglés | en | 14 434 artigos |
Alemán | de | 7782 artigos |
Italiano | it | 5995 artigos |
Polaco | pl | 5869 artigos |
Eslovaco | sk | 4454 artigos |
Portugués | pt | 4176 artigos |
Ruso | ru | 4038 artigos |
Búlgaro | bg | 3433 artigos |
Bosníaco | bs | 3426 artigos |
Esloveno | sl | 2492 artigos |
Español | es | 2437 artigos |
Turco | tr | 1937 artigos |
Hebreo | hei | 1265 artigos |
Chinés | zh | 1186 artigos |
Ao comezar 2009, 16 versións de Wikiquote superaban os mil artigos:
Idioma | Wiki | N.º de artigos |
---|---|---|
Inglés | en | 16 442 artigos |
Italiano | it | 8216 artigos |
Alemán | de | 7082 artigos |
Polaco | pl | 6645 artigos |
Portugués | pt | 5416 artigos |
Eslovaco | sk | 4803 artigos |
Ruso | ru | 4480 artigos |
Búlgaro | bg | 3560 artigos |
Bosníaco | bs | 3437 artigos |
Español | es | 3050 artigos |
Esloveno | sl | 2502 artigos |
Turco | tr | 2158 artigos |
Hebreo | hei | 1590 artigos |
Chinés | zh | 1319 artigos |
Francés | fr | 1281 artigos |
Lituano | lt | 1187 artigos |
Ao comezar 2010, 21 edicións superan os mil artigos:
Idioma | Wiki | N.º de artigos |
---|---|---|
Inglés | en | 17 535 artigos |
Italiano | it | 9496 artigos |
Polaco | pl | 7650 artigos |
Alemán | de | 7383 artigos |
Portugués | pt | 5746 artigos |
Ruso | ru | 4985 artigos |
Eslovaco | sk | 4816 artigos |
Español | es | 3903 artigos |
Búlgaro | bg | 3584 artigos |
Bosníaco | bs | 3466 artigos |
Esloveno | sl | 2450 artigos |
Turco | tr | 2271 artigos |
Francés | fr | 1889 artigos |
Hebreo | hei | 1818 artigos |
Lituano | lt | 1675 artigos |
Checo | cs | 1487 artigos |
Chinés | zh | 1427 artigos |
Grego | hei | 1234 artigos |
Húngaro | hu | 1120 artigos |
Persa | fa | 1069 artigos |
Ucranio | uk | 1034 artigos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.