Wikipedia en galés

edición da Wikipedia en lingua galesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Wikipedia en galés

A Wikipedia en galés é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua galesa. É a meirade Wikipedia nunha lingua celta.

Datos rápidos Tipo, Comercial ...
Wikipedia en galés
Thumb
Logo da Wikipedia en galés.
Thumb
Portada da Wikipedia en galés.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasGalés
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamentoxullo de 2003
Na rede
https://cy.wikipedia.org/
Pechar

Esta versión da enciclopedia contén 281.881 artigos e 95.717 usuarios, dos cales 127 son activos.[1]

Historia

A edición en galés comezou en xullo de 2003. O 23 de xuño de 2007, acadou os 10 000 artigos, sendo daquela a Wikipedia número 66 con maior número de artigos. O 20 de novembro de 2008, chegou aos 20 000 artigos. En pouco menos dun ano, o 28 de outubro de 2009, alcanzou a cifra de 25 000 artigos. En xullo de 2013 chegou aos 50 000 artigos e situouse no posto 62 das Wikipedias con máis artigos.[2] É o único recurso de Internet deste tipo en galés e ten unha media de 2,7 millóns de visitas cada mes, o que o converte no sitio web en galés máis popular. Polo tanto, ten un lugar importante na cultura en liña de galés.

A Wikipedia galesa creceu a un ritmo considerable, polo seu tamaño, nos últimos anos, con máis de 10.000 artigos creados en menos de 18 meses no período de xuño de 2007 a novembro de 2008, duplicando o seu total. Foi mencionado nas revistas en lingua galesa Golwg[3] e Y Faner Newydd, e foi recollido pola Biblioteca Nacional de Gales como unha fonte dixital da lingua galesa.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.