Wayne Homren
numismático estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
numismático estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Wayne Knobel Homren, nado en Pittsburgh, Pensilvania, o 24 de agosto de 1958, é un editor e numismático estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1958. |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense. |
Educación | Universidade de Pittsburgh. Universidade de Míchigan. |
Q89547790 | Fundador de E-Sylum. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Familia | |
Cónxuxe | Diana Robinson (1997). |
Premios | |
2008: B. Anderson Memorial. |
Homren graduouse na Universidade de Pittsburgh en 1980 e acadou senllos mestrados, en Ciencias na Universidade de Míchigan (1981) e MBA na Universidade de Pittsburgh (1992).[1][2]
A súa carreira profesional está vinculada aos laboratorios Bell, ao motor de procuras por Internet Lycos e ao Departamento de Defensa dos Estados Unidos.[1][2][3]
Paralelamente á súa actividade profesional, Homren dedicouse tamén ao mundo editorial e numismático. Foi creador e redactor do boletín electrónico semanal sobre numismática E-Sylum. É membro da American Numismatic Society e presidiu entidades como a Numismatic Bibliomania Society, a Sociedade Numismática do Oeste de Pensilvania e a Asociación de Numismáticos de Pensilvania.[3] Así mesmo, foi o presidente xeral da Feira Mundial do Diñeiro celebrada en 2004 en Pittsburgh pola American Numismatic Association, e dirixiu diversos programas de numismática para a xuventude en Pensilvania e Virxinia.[1][2]
Como coleccionista numismático cómpre salientar a súa colección de moedas da Guerra Civil dos EEUU, e moedas de emerxencia e con contramarcas, así como papel moeda de Pittsburgh. Tamén reuniu unha extensa biblioteca de arredor de 3.000 volumes sobre numismática estadounidense.[1][2][3]
Homren casou o 5 de xullo de 1997 con Diana Robinson, con quen tivo dous fillos e unha filla.[1]
Wayne Knobel Homren é autor de varios artigos en diversas revistas especializadas estadounidenses, como The Asylum, The Numismatist ou Paper Money.[1][3][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.