Waitangi
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Waitangi (/waɪˈtæŋi/ en inglés, /ˈwaitaŋi/ en maorí) é unha pequena poboación e lugar histórico do norte de Nova Zelandia (na baía das Illas, rexión de Northland). Atópase a 1 km e medio da cidade de Paihia, da que se considera parte. Na lingua maorí, Waitangi significa «augas que choran».
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Reinos da Commonwealth | Nova Zelandia | |||
Rexión | Rexión de Northland | |||
Distrito | Far North District (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 51 (2018) | |||
Páxina web | waitangi.net.nz |
En Waitangi firmouse a Declaración de independencia de Nova Zelandia o 28 de outubro de 1835 e cinco anos despois o Tratado de Waitangi o 6 de febreiro de 1840.
O 5 de febreiro de 1840 celebrouse unha reunión pública nos terreos fronte á residencia de James Busby. O tenente gobernador Hobson leu un documento proposto ante uns 300 asistentes europeos e maorís que asistían e logo deulles a algúns rangatira (xefes maorís) a oportunidade de falar. Inicialmente, un gran número de rangatiras (incluídos Te Kemara, Rewa e Moka Te Kainga-mataa) falaron en contra de aceptar a proposta da coroa británica de gobernar sobre toda Aotearoa.[1] Con todo, no proceso algúns rangatiras comezaron a considerar a idea; entre os rangatira máis notables para apoiar á Coroa estaban Te Wharerahi, Pumuka e os dous xefes de Hokianga, Tāmati Wāka Neney e seu irmán Eruera Maihi Patuone.[1]
A introdución do Tratado revogou a Declaración de Independencia, convertendo a Nova Zelandia nunha colonia británica. O tratado de Waitangi de 1840 xeralmente considérase o documento fundador de Nova Zelandia como unha nación. O Día de Waitangi é a festa nacional de Nova Zelandia e conmemora a firma deste.
Coñécese actualmente como Treaty House a residencia de James Busby, un residente colonial británico desde 1833, que actuou como o primeiro xurista de Nova Zelandia. Para o centenario da firma (1940) decidiuse restaurar a casa e construíuse unha whare rūnanga (casa de reunión maorí).
A casa de reunión e marae Te Tii de Waitangi está afiliada aos hapū Ngāti Kawa e Ngāti Rāhiri, do iwi Ngā Puhi.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.