director de cinema estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Woodbridge Strong "Woody" Van Dyke, Jr., nado en San Diego (California) o 21 de marzo de 1889 e finado nos Ánxeles o 5 de febreiro de 1943 foi un director de cinema estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Woodbridge Strong Van Dyke Ii 21 de marzo de 1889 San Diego, Estados Unidos de América |
Morte | 5 de febreiro de 1943 (53 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | suicidio |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Relixión | Ciência Cristã (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | director de cinema, guionista, produtor de cinema, actor de cinema, actor de teatro, realizador |
Período de actividade | 1915 - 1942 |
Familia | |
Pai | Woodbridge Strong Van Dyke |
Premios | |
|
Nado en California, Van Dyke foi actor infantil no circuíto de vodevís. Durante os primeiros anos da súa vida adulta mudouse segundo cambiaba de traballo ata chegar a Hollywood. O seu primeiro emprego no cinema foi como axudante do director D.W. Griffith no filme Intolerance (1916). Ese mesmo ano interpretou a Charles Dickens no filme perdido Oliver Twist, no que tamén foi axudante do director.
Coa chegada do cinema sonoro converteuse nun dos directores máis responsables da Metro-Goldwyn-Mayer. Foi coñecido como "One-Take Woody" ou "One-Take Van Dyke" (“Woody-Unha-Toma”), pola rapidez coa que completaba as súas tarefas e para a MGM dirixiu todo tipo de xéneros cinematográficos. Foi candidato ao Oscar ao mellor director por The Thin Man (1934) e San Francisco (1936). Outros dos seus filmes máis recoñecidos foron "Eskimo/Mala the Magnificent", White Shadows in the South Seas e Tarzan the Ape Man (1932).
Ascendido a comandante antes da segunda guerra mundial, Van Dyke estableceu un centro de recrutamento dos marines no seu despacho da MGM, e foi das primeiras figuras de Hollywood en pedir a entrada dos Estados Unidos na guerra.
Ao final da súa vida estaba enfermo de cancro e con problemas no corazón. Devoto cristián científico, rexeitou a maior parte dos coidados nese tempo. Tras rematar o seu último filme, despediuse da súa muller, os seus fillos e do xefe do estudio, Louis B. Mayer, e suicidouse o 5 de febreiro de 1943.[1][2] Segundo a súa petición, Jeanette MacDonald e Nelson Eddy cantaron e oficiaron no seu funeral.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.