Voo 676 de China Airlines
accidente de aviación en Taiwán en 1988 From Wikipedia, the free encyclopedia
accidente de aviación en Taiwán en 1988 From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 676 de China Airlines era un servizo regular internacional de pasaxeiros que se esnafrou nunha estrada e nunha zona residencial de Tayuan, preto do aeroporto internacional Chiang Kai-shek (no presente aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan), en Taiwán na noite do luns 16 de febreiro de 1998.
Voo 676 de China Airlines | |
---|---|
A300 semellante ao do accidente | |
Resumo | |
Data | 16 de febreiro de 1998 |
Causa | mala meteoroloxía e erro do piloto |
Lugar | Taoyuan, Taiwán |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Ngurah Rai |
Destino | aeroporto Chiang Kai-shek |
Finados | 203 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A300B4-622R |
Operador | China Airlines |
Rexistro | B-1814 |
Pasaxeiros | 182 |
Tripulación | 14 |
Superviventes | 0 |
O Airbus A300 que realizaba o voo estaba en ruta dende o aeroporto Ngurah Rai en Balí a Taipei. Cando o avión se aproximaba ao aeroporto Chiang Kai-shek o tempo era malo, con chuvia e néboa, polo que o piloto executou unha aproximación errada. Despois de que o reactor fose autorizado a aterrar na pista 05L, o piloto automático foi desconectado, e os pilotos intentaron entón un go-around manual. O avión decelerou, inclinouse 40º cara a arriba, chegou aos 1 000 pés (300 m), entrou en perda, e esnafrouse contra unha veciñanza residencial, incendiándose ás 4:20 PM hora local. Ás 196 persoas a bordo morreron, entre as que estaban o gobernador do banco central de Taiwán Sheu Yuan-dong, xunto con sete persoas en terra.[1] Hsu Lu, o xerente da emisora de radio Voice of Taipei, dixo que un neno fora sacado con vida do avión e que posteriormente morreu.[1]
É o peor accidente de aviación no terridorio de Taiwán e o quinto dun Airbus A300. China Airlines tiña 12 A300 na súa frota no momento do accidente. Tamén é o segundo accidente de avión con máis vítimas mortais da historia de Taiwán despois do voo 611 de China Airlines, un Boeing 747-209B que se esnafrou no estreito de Taiwán con 225 mortes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.