Voo 4230 de UM Airlines
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 4230 de UM Airlines, tamén coñecido como o accidente do Yak-42 en Turquía, era un servizo chárter internacional de pasaxeiros dende o aeroporto de Manas, en Bixkek, ata o aeroporto de Zaragoza, cunha escala no aeroporto de Trebisonda, Turquía. O día 26 de maio de 2003 o Yakovlev Yak-42D que operaba a ruta esnafrouse intentando aterrar en Trebisonda. Debido á densa néboa a tripulación perdeu visibilidade e o avión chocou contra unha montaña preto de Maçka.[1]
Voo 4230 de UM Airlines | |
---|---|
O avión accidentado en 2001 | |
Resumo | |
Data | 26 de maio de 2003 |
Causa | voo controlado contra o terreo |
Lugar | preto de Maçka Turquía |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Manas |
Derradeira escala | aeroporto de Trebisonda |
Destino | aeroporto de Zaragoza |
Finados | 75 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Yakovlev Yak-42D |
Operador | UM Airlines |
Rexistro | UR-42352 |
Pasaxeiros | 62 |
Tripulación | 13 |
Superviventes | 0 |
Os 13 tripulantes e 62 pasaxeiros morreron no accidente. É o terceiro peor accidente da historia da aviación turca.[2] O avión levaba tropas españolas de volta dende Afganistán.
O Yakovlev Yak-42 de UM Airlines era un avión arrendado usado para transportar militares españois despois de pasar catro meses de misión de paz en Afganistán. O seu destino final era o aeroporto de Zaragoza, pero o aparello ía facer unha escala de repostaxe no aeroporto de Trebisonda, en Turquía. O Yak-42 esnafrouse na ladeira dunha montaña preto da cidade de Maçka, a 24 quilómetros de Trebisonda, no seu terceiro intento de aterraxe no medio dunha densa néboa. O piloto dixera que non podía ver a pista; a visibilidade era menor de 10 metros nese momento.[1]
Todos os tripulantes e pasaxeiros morreron no impacto. Os pasaxeiros eran 41 soldados do Exército de Terra e 21 do Exército do Aire de España.[3] O avión tamén transportaba munición, polo que as explosións que se produciron tras o impacto espallaron os restos do avión por unha grande área.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.