pintor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Virxilio Blanco Garrido, nado en Guisande (San Miguel de Presqueiras, Forcarei) o 24 de novembro de 1896 e finado na mesma aldea o 25 de xuño de 1948, foi un pintor e ilustrador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1896 Guisande, España |
Morte | 25 de xuño de 1948 (51 anos) Guisande, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
En 1912 emigrou a Cuba e dende 1914 residiu na Habana. Alí compaxinou o traballo cos estudos de pintura na Academia e no Centro Galego da Habana, onde coñeceu a Laxeiro. En 1923 expuxo no Centro Galego, que lle concedeu unha bolsa de tres anos para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, onde ingresou en 1924. En Madrid entrou en contacto con outros artistas galegos e participou na Exposición de Arte galego do Ateneo de Vigo de 1924 e na de Santiago de Compostela de 1926. Finalizados os estudos de Belas Artes o Centro Galego da Habana concedeulle unha nova bolsa para viaxar a París. Participou na mostra de arte galego do Heraldo de Madrid en 1928 e na exposición de arte galego dos centros galegos de Buenos Aires e Montevideo en 1929. Nese ano regresou de París e expuxo nas salas viguesas de Las Colonias e do Ateneo.
Alternou estancias en Vigo e Pontevedra, nas que participou nos faladoiros do Derby e o Savoy, con visitas a Santiago de Compostela. Relacionouse con Manuel Colmeiro e Arturo Souto, expuxo na sala das Oficinas de Turismo de Pontevedra en 1930. Ao ano seguinte desfrutou dunha bolsa para estudos de pintura da Deputación de Pontevedra e fundou en Forcarei a revista literaria Alborear, da que foi director artístico. En 1932 volveu expoñer en Vigo e recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra para ir a Madrid, onde perfeccionou o seu estilo seguindo a vangarda figurativa. Regresou a Galicia en 1934 e expuxo no Ateneo de Vigo, onde volveu expoñer ao ano seguinte na Sociedad Liceo. En 1935 tamén expuxo na Asociación de Artistas da Coruña e participou no Salón de Primavera de Pontevedra. Instalouse en Vigo, onde expuxo no Faro de Vigo en 1939, e compartiu unha mostra co debuxante Ramón Peña en Pontevedra en 1941. En 1944 a Deputación de Pontevedra concedeulle unha bolsa de viaxe, pero debido á enfermidade que padecía, non puido desprazarse. Continuou pintando e en 1945 expuso no Casino de Vigo e en 1947 participou nunha exposición en Santiago de Compostela con Laxeiro. En 1948, o ano da súa morte, volveu expoñer en Compostela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.