Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O virus Ravn ou Ravn virus (RAVV) é un virus moi relacionado co moito máis común virus Marburg (MARV), e ambos os dous pertencen á especie Marburg marburgvirus. Igual que o MARV, o RAVV causa unha grave febre hemorráxica vírica en humanos e (experimentalmente) en primates non humanos. O RAVV considérase un axente selecto,[1] un patóxeno do grupo de risco 4 da Organización Mundial da Saúde (que require bioseguridade de nivel 4),[2] un patóxeno prioritario de categoría A dos Institutos Nacionais da Saúde/Instituto Nacional da Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos,[3] un axente de bioterrorismo de categoría A para os Centros de Control de prevención de Enfermidades (CDC) dos Estados Unidos,[4] e está na lista dos Axentes Biolóxicos para o Control da Exportación do Grupo Australia.[5]
Virus Ravn (RAVV) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Virus membros (Abreviación) | |||||||||||
Marburg virus (MARV) |
O virus describiuse en 1996 e entón considerábase idéntico ao virus Marburg. Hoxe abréviase RAVV e considérase un dos dous virus da especie Marburg marburgvirus, xénero Marburgvirus, familia Filoviridae, orde Mononegavirales.[6]. O nome Ravn procede do apelido do paciente danés do cal se illou o virus por primeira vez.[7] Segundo as normas de nomenclatura do ICTV, o nome deste virus non se escribe en cursiva (si o da especie e outros taxons superiores).
O virus Ravn introduciuse inicialmente como un novo "subtipo" do virus Marburg en 1996.[6] En 2006, unha análise extensa de xenoma completo de todos os marburgvirus revelou a existencia de cinco liñaxes xenéticas distintas. Os xenomas de illados representativos de catro destas liñaxes diferían unhas doutras só no 0-7,8% a nivel de nucleótidos, mentres que os representativos da quinta liñaxe, na que se incluía o novo "subtipo", diferían das outras liñaxes ata o 21.3%.[8] Consecuentemente, a quinta liñaxe xenética foi reclasificado como un "virus", co nome de virus Ravn (RAVV), para diferenciala dos virus das outras catro liñaxes máis estreitamente relacionadas entre si, que formaban o virus Marburg (MARV).[7]
Un virus que cumpre os criterios para ser membro da especie Marburg marburgvirus é ademais un virus Ravn se o seu xenoma diverxe do prototipo Marburg marburgvirus, Marburg virus variante Musoke (MARV/Mus), en ≥10% pero diverxe do prototipo do Ravn virus (variante Ravn) en <10% a nivel de nucleótidos..[7]
O RAVV é un dos dous marburgvirus que causa a enfermidade polo virus Marburg en humanos, tamén chamada febre hemorráxica de Marburg. O RAVV orixinou tres gromos de enfermidade polo virus Marburg, que se indican na táboa:
Ano | Localización xeográfica | Mortes humanas/casos (taxa de mortalidade) |
1987 | Kenya | 1/1 (100%)[6] |
1998–2000 | Durba e Watsa, República Democrática do Congo | ? (Informouse dun total de 154 casos e 128 mortes pola infección dos marburgvirus neste gromo. A taxa de mortalidade foi do 83%. Neste gromo cocircularon e causaron a doenza os dous tipos de marburgvirus, o RAVV e o MARV, e nunca se publicou cantos dos casos se debían a un ou a outro.[9][10][11] |
2007 | Uganda | 0/1 (0%)[12][13] |
O RAVV está basicamente sen caracterizar a nivel molecular. Porén, a súa secuencia xenómica, e con ela a súa organización xenómica e a conservación de marcos de lectura abertos individuais, son similares ás do virus Marburg. Por tanto, actualmente asúmese que o coñecemento obtido para o MARV pode ser extrapolado ao RAVV, e que todas as proteínas do RAVV compórtanse de forma análoga ás do MARV.
En 2009, informouse do illamento exitoso de RAVV infecciosos de morcegos da froita sans da especie Rousettus aegyptiacus.[12] Este illamento, xunto con illamentos similares de MARV infecciosos,[12] indican que os morcegos da froita do Vello Mundo están implicados no mantemento natural dos marburgvirus. Cómpre facer máis estudos para establecer se os R. aegyptiacus son os verdadeiros hóspedes do RAVV e o MARV ou se estes se infectan por contacto con outros animais e, por tanto, son só hóspedes intermedios.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.