Vincent Poirier

baloncestista francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Vincent Poirier

Vincent Poirier, nado o 27 de outubro de 1993 en Clamart, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga para o Anadolu Efes SK turco. Cunha estatura de 2,13 metros pode xogar nas posicións de ala-pivote e pivote.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Vincent Poirier
Thumb
(2024)
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1993 (31 anos)
Clamart, Francia
EducaciónUniversidade Paul Sabatier (pt)
Altura213 cm
Peso107 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista
Período de actividade2012 -
Nacionalidade deportivaFrancia
Deportebaloncesto
LigaNational Basketball Association e NBA G League
Posición de xogoPivote
Traxectoria
  Equipo
Saski Baskonia
Boston Celtics
Participou en
2021Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) (2º)
2017Campionato europeo de baloncesto de 2017
Premios

Pechar

Traxectoria profesional

O 14 de xuño de 2017, anunciouse a súa fichaxe por tres anos polo Baskonia da Liga ACB.[1]

O 15 de xuño de 2019, Poirier asinou cos Boston Celtics.[2]

O 19 de novembro de 2020, Poirier foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio dunha futura elección da segunda rolda do Draft.[3] O 8 de decembro de 2020, foi traspasado ós Philadelphia 76ers xunto a Danny Green e Terrance Ferguson.[4].

O 25 de marzo de 2021, Poirier foi traspasado ós New York Knicks nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Oklahoma City Thunder,[5] pero foi cortado catro días máis tarde.[6]

O 12 de abril de 2021, Poirier asinou por tres tempadas e media co Real Madrid da Liga ACB.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.