Villa Baviera
A colonia chilena reconstruída como unha aldea de temática alemá, precedida por Colonia Dignidad From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Villa Baviera, coñecida anteriormente como Colonia Dignidad (antes Sociedad Benefactora y Educacional Dignidad[1]), é unha localidade chilena que se atopa nunha zona illada do centro do país e pertence á comuna de Parral, na provincia de Linares, rexión do Maule. Está 35 km ao sueste de Parral, que tamén é a cidade máis achegada. Segundo o censo de 2002 contaba con 198 habitantes.

Remove ads
Historia
Foi fundada en Chile en 1961[2] por inmigrantes alemáns liderados por Paul Schäfer, un fuxitivo con cargos de abusos sexuais a menores na República Federal Alemá. Na súa etapa de maior apoxeo chegou a acoller a uns 300 residentes tanto alemáns como chilenos e abranguía unha superficie de 137 km²[3]. A principal actividade económica da colonia era a agricultura, pero tamén tiña unha escola, un hospital, dúas pistas de aterraxe, un restaurante e mesmo un central eléctrica. Porén, a colonia era moi hermética e secreta de cara ao exterior, xa que estaba arrodeada por arame con pugas, focos e torres de vixilancia. Tamén contiña depósitos secretos de armas (entre as que se incluía un carro de combate coñecido como a "eiruga"). Nas últimas décadas realizáronse varias investigacións que descubriron un longo historial de actividades criminais no enclave, incluíndo abusos sexuais a menores e o seu funcionamento como centro de detención e tortura en tempos da ditadura de Augusto Pinochet[4][5].
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

