From Wikipedia, the free encyclopedia
Venstre, oficialmente chamado Venstre, Danmarks Liberale Parti, que en galego sería Esquerda, Partido Liberal de Dinamarca malia que a súa ideoloxía sexa de centro dereita[1], é o máis grande dos partidos políticos de Dinamarca.
Venstre, Danmarks Liberale Parti | |
---|---|
Acrónimo | V e V |
Tipo | Agrarianismo nórdico |
Ideoloxía | liberalismo conservador, liberalismo clássico e agrarianismo |
Data de fundación | 1870 |
Presidente/a | Jakob Ellemann-Jensen (2019-) |
Nº de membros | 30.791 (2020) |
Nº de empregados | 35 |
Sede | Søllerød e Copenhague |
Enderezo | Søllerødvej 30, Søllerød, 2840 Holte |
País | Dinamarca |
Na rede | |
https://venstre.dk e https://venstre.eu | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundado con base no liberalismo e é membro da Internacional Liberal e senta co Partido Europeo Liberal Demócrata Reformista no Parlamento Europeo. Nas eleccións parlamentarias do 2007 recibiu o 26% dos votos e obtivo 46 de 179 escanos. Estivo liderado na primeira década do século XX por Anders Fogh Rasmussen, secretario xeral da OTAN e autor do libro "Fra Socialstat til Minimalstat" (Do Estado Social ao Estado Mínimo), e dende 2008 goberna en coalición co Partido Popular Conservador, con apoio do Partido Popular Dinamarqués.
Dende 2009, o primeiro ministro dinamarqués e actual líder nacional de Venstre é Lars Løkke Rasmussen.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.