Veciños é unha serie televisiva australiana que comezou a emitir a cadea Seven Network o 18 de marzo de 1985.
Filmando exteriores en Pin Oak Court para a serie. | |
Formato | Soap opera |
---|---|
Creado por | Reg Watson |
Desenvolvido por | FremantleMedia |
Intérpretes | Stefan Dennis Tom Oliver Alan Fletcher Jackie Woodburne Kym Valentine Ryan Moloney Carla Bonner Scott Major Jane Hall Janet Andrewartha Margot Robbie Matthew Werkmeister Eve Morey Erin Mullally Ashleigh Brewer Jordan Patrick Smith Valentina Novakovic Jordy Lucas |
Tema de apertura | "Neighbours" de Tony Hatch música Jackie Trent letra |
País de orixe | Australia |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 6045 (ao 12 de novembro de 2010) |
Produtor(es) executivo(s) | Susan Bower |
Localización(s) | Melbourne |
Duración | 22 min. aprox. por episodio |
Canle de orixe | Seven Network (1985) Network Ten (1986 - actualidade) |
Formato de imaxe | PAL (1985-2000) 576i (16:9 SDTV) (2000-2007) 1080i (16:9 HDTV) (2008 - actualidade) |
Primeiro episodio | 18 de marzo de 1985 |
Derradeiro episodio | - |
Na rede | |
https://10play.com.au/neighbours | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
A serie creouna o executivo de televisión Reg Watson, quen propuxo a idea de facer unha serie centrada en historias realísticas protagonizadas por adultos e mozos que falan abertamente e resolven os seus problemas xuntos. Seven aceptou a proposta, no tempo xa emitía outra telenovela de Watson con grande éxito Sons and Daughters. Pero a nova serie non tivo os resultados que a cadea esperada, producida en Melbourne tivo baixos índices de audiencia en Sidney e logo de catro meses Seven cancelou a súa emisión, non obstante a principal rival Ten mercou os dereitos, para gravar os novos capítulos tivo que reconstruír os decorados, xa que Seven destruíraos, finalmente Ten estreou os novos capítulos o 20 de xaneiro de 1986, comezando no episodio 171, e en 2005 a serie converteuse na máis longa da televisión australiana. A serie vendeuse a arredor de cincuenta países de todo o mundo, a Televisión de Galicia emitiu algunhas tempadas a partir de 1989.
Desenvolvemento
A liña da serie céntrase na vida persoal e profesional dalgúns dos veciños do barrio ficticio de Erinsborough na cidade de Melbourne, principalmente os de Ramsay Street, unha rúa cega, e o complexo Lassiters, que inclúe bar, hotel, cafetería e parque. Veciños comezou coas tres familias creadas por Watson: Os Ramsay, os Robinson e os Clarkes. Os exteriores de Ramsay Streek correspóndense coa rúa Pin Oak Court de Vermont South, os interiores fímanse nos estudios de Global Television en Forest Hill. Moitos son os actores e personalidades convidadas que pasaron pola serie nas súas 26 tempadas, entre eles Alan Dale, Kylie Minogue, Jason Donovan, Guy Pearce, Jesse Spencer, Radha Mitchell, Ian Smith, Chris Hemsworth, Liam Hemsworth, Luke Hemsworth, Craig McLachlan, Natalie Bassingthwaighte, Kristian Schmid, Natalie Imbruglia, Holly Valance, Delta Goodrem, Stephanie McIntosh, Lily Allen, Russell Crowe, Emma Bunton, Batista ou The Veronicas entre moitos outros.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.