Vanguard 2
From Wikipedia, the free encyclopedia
Vanguard 2 foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado nun foguete Vanguard desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 17 de febreiro de 1959.[2][3][5][6]
Vanguard 2 | |
---|---|
![]() Maqueta de Vanguard 2 | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 17 de febreiro de 1959, 15:55 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Vanguard[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[3][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da capa de nubes terrestre.[3][6] |
NSSDC ID | 1959-001A |
Masa | 10,75 kg[3] |
Dimensións | Esfera de 50,8 cm de diámetro[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 8124 km[1] |
Inclinación | 32,9 graos[1] |
Apoapse | 2946,9 km[1] |
Periapse | 559,9 km[1] |
Características
Vanguard 2 foi o primeiro satélite adicado ao estudo da capa de nubes da Terra mediante a medición da parte diúrna da luz solar reflectida pola capa nubosa e pola superficie terrestre. Unha vez en órbita o satélite, estabilizado mediante xiro, comezou a precesionar debido á ignición de restos de propelente sólido na terceira etapa no momento da separación entre esta e o satélite. Esta oscilación degradou o sinal do satélite e o envío dos datos da capa de nubes. O transmisor funcionou durante 26 días ata o esgotamento das baterías. O satélite foi seguido tamén opticamente para facer estudos do arrastre atmosférico mediante a determinación da súa órbita.[2][3][5][6]
Vanguard 2 tiña forma de esfera de 10,75 kg de masa e 50,8 cm de diámetro. Estaba construído nunha aliaxe de magnesio, co interior recuberto dunha capa de ouro e o exterior recuberto de aluminio para proporcionar protección térmica. O interior da esfera estaba presurizado e contiña a instrumentación, incluída a electrónica de seguimento, o sistema de telemetría e a electrónica dos experimentos. No interior había tamén dous telescopios ópticos con dúas fotocélulas, apuntando cada un deles en sentido oposto e que facían as medicións da luz reflectida pola Terra. As comunicacións tiñan lugar na frecuencia de 108 MHz e unha cinta grabadora a bordo podía rexistrar ata 50 minutos de datos.[3][5][6]
Dada a súa órbita, Vanguard 2 permanecerá no espazo entre 200 e 300 anos antes da súa reentrada na atmosfera terrestre.[3][5][6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.