Valentiniano III

emperador romano entre 424 e 455 From Wikipedia, the free encyclopedia

Valentiniano III

Valentiniano III, nado en Rávena o 2 de xullo de 419 e finado en Roma o 16 de marzo de 455, foi un emperador romano de Occidente entre os anos 424 e 455. Foi o fillo máis vello de Constancio III e Gala Placidia, filla do emperador Teodosio. Recibiu o título de césar o 23 de outubro de 424 en Constantinopla, e tras unha curta guerra en Italia, foi instituído como emperador (Augusto) de Occidente en Roma o 23 de outubro de 425.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Valentiniano III

Nome orixinal(la) Flavius Placidius Valentinianus
Biografía
Nacemento2 de xullo de 419
Rávena (Imperio Romano de Occidente)
Morte16 de marzo de 455 (35 anos)
Roma, Italia
Causa da mortehomicidio
Emperador romano de Occidente
23 de outubro de 424 (Gregoriano) – 16 de marzo de 455 (Gregoriano)
 Flavio HonorioPetronio Máximo 
Senador romano
Actividade
Ocupaciónmonarca, político
Período de tempoImperio Romano
Outro
TítuloEmperador
FamiliaTheodosian dynasty (en)
CónxuxeLicínia Eudóxia
FillosPlacidia, Eudocia (filla de Valentiniano III)
PaisConstâncio III   e Gala Placidia
IrmánsJusta Grata Honória

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
WikiTree: Flavii-1
Pechar

Traxectoria

Tiña só seis anos de idade cando recibiu o título de Augusto, e durante a súa minoría de idade encargouse do goberno primeiro súa nai e despois, a partir de 433, Aecio. Súa nai arranxou o seu matrimonio con Eudocia, filla de Teodosio II, emperador de Oriente. Con ela tivo dúas fillas: Eudocia e Placidia.

O seu reinado resultou marcado polo desmembramento do Imperio de Occidente; a conquista da provincia de África polos vándalos en 439; o definitivo abandono de Britania en 446; a perda de gran parte de Hispania e Galia, nas que se estableceron os bárbaros; e o saqueo de Sicilia e das costas occidentais do Mediterráneo polas frotas de Xenserico.

En contrapartida, fronte a tantas calamidades, tamén se produciu a gran vitoria de Aecio sobre Atila en 451, cerca de Châlons na batalla dos Campos Cataláunicos, e as súas vitoriosas campañas contra os visigodos no sur de Galia (426, 429 e 436) e fronte a distintos invasores no río Rin e no río Danubio (428-431).

O peso dos impostos resultaba cada vez máis insoportábel segundo se ía debilitando o poder de Roma, e en consecuencia a lealdade das provincias que ían quedando ía a menos por momentos. Rávena foi a residencia habitual de Valentiniano, mais tivo que fuxir a Roma cando se acercou Atila, o cal, tras saquear o norte de Italia, morreu ao ano seguinte (453). Atila reclamaba que a irmá de Valentiniano -chamada Honraia- se lle entregara como esposa.

En 454, Aecio, cuxo fillo casara coa filla máis vella do emperador, foi asasinado a traizón por Valentiniano. Mais o 16 de marzo do ano seguinte, o propio emperador foi tamén asasinado por dous bárbaros clientes de Aecio. Valentiniano non só careceu da habilidade para gobernar o imperio nunha época de grave crise, senón que ademais agravou os perigos a causa do seu egotismo e o seu carácter vingativo.

As fontes orixinais que temos sobre o reinado de Valentiniano III son as Crónicas de Próspero de Aquitania, a Historia Gótica de Xordanes, escrita no século VI, e a obra do poeta Sidonio Apolinar.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.