From Wikipedia, the free encyclopedia
O valón[2] (walon) é unha lingua romance que se falaba polo pobo valón como primeira lingua en gran parte (70%) da Rexión Valoa de Bélxica e algunhas vilas do norte de Francia (preto de Givet) até mediados do século XX. Pertence ao grupo de linguas de oïl, cuxo membro máis prominente é a lingua francesa. Os antecedentes históricos da súa formación foi a extensión do territorio, xa dende o 980, do Principado de Liexa, ao sur e ao oeste.
Valón Walon | ||
---|---|---|
Falado en: | Bélxica Francia | |
Total de falantes: | 600.000 est. | |
Posición: | 237 | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Ítalo-occidental Galo-Ibérica Galo-Románica Oïl Valón | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | wa | |
ISO 639-2: | wln | |
ISO 639-3: | wln
| |
Mapa | ||
Status | ||
A pesar da súa rica literatura, a cal comezou de forma anónima no século XVI e con autores coñecidos dende 1756, o uso do valón diminuíu notablemente dende a anexión francesa de Valonia en 1795. Este período estabeleceu na zona ao francés como lingua da prestixio social, moito máis do que podía ser antes. Aínda que Bélxica obtivo a súa independencia en 1830, o francés estableceuse como o idioma principal no ensino en gran parte do país. Despois de primeira guerra mundial, as escolas públicas proporcionaron educación en lingua francesa a tódolos nenos, inducindo unha denigración do valón e acompañado dunhas ordes oficiais en 1952 para castigar o seu uso nos centros de ensino. Posteriormente, dende mediados do século XX, a transmisión xeracional da lingua reduciuse, convertendo ao valón practicamente nunha lingua morta. Hoxe en día apenas é falado entre os mozos.
Numerosas asociacións, especialmente compañías de teatro, están a traballar para manter a lingua viva. A nivel gobernamental, o valón está oficialmente recoñecido como unha langue régionale endogène (lingua rexional endóxena). O sistema Feller (1900) regulariza a transcrición dos diferentes acentos. Ademais, dende a década de 1990, estabeleceuse unha ortografía unificada, que non goza de recoñecemento oficial. Cómpre non confundir o valón co francés de Valonia, o cal difire do francés falado en Francia nalgúns puntos menores do léxico e a pronuncia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.