filme de 2019 dirixido por Jordan Peele From Wikipedia, the free encyclopedia
Us é un filme estadounidense de 2019 de terror psicolóxico escrito e dirixido por Jordan Peele. Está protagonizado por Lupita Nyong'o, Winston Duke, Shahadi Wright Joseph, Evan Alex, Elisabeth Moss e Tim Heidecker. O proxecto foi anunciado en febreiro de 2018, e a maioría do elenco uniuse ese mesmo verán. Peele produciu o filme xunto a Jason Blum e Sean McKittrick (que xa tiñan colaborado en Déixame saír e BlacKkKlansman), así como con Ian Cooper. A rodaxe produciuse dende xullo até outubro de 2018 en California, principalmente nos Ánxeles e Pasadena, mais tamén en Santa Cruz.
Us | |
---|---|
Logo de Us. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Us |
Director | Jordan Peele |
Produtor |
|
Guión | Jordan Peele |
Intérpretes |
|
Música | Michael Abels |
Fotografía | Mike Gioulakis |
Montaxe | Nicholas Monsour |
Estudio | Monkeypaw Productions[1] Perfect World Pictures |
Distribuidora | Universal Pictures[1] |
Estrea | SXSW: 8 de marzo de 2019 22 de marzo de 2019 |
Duración | 116 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror psicolóxico |
Orzamento | 20 millóns de dólares[3] |
Recadación | 254,6 millóns de dólares[3][4] |
Na rede | |
https://www.usmovie.com/ | |
|
Us estreouse internacionalmente en South by Southwest o 8 de marzo de 2019, e nos cinemas dos Estados Unidos de América o 22 de marzo de 2019, a través de Universal Pictures. Tivo un grande éxito comercial, recadando uns 254 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 20 millóns. Foi ben acollido pola crítica, que gabou o guión e a dirección de Peele, así como a banda sonora e a interpretación de Lupita Nyong'o.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.