O oso negro americano ou oso negro (Ursus americanus), é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos úrsidos e subfamilia dous ursinos, unha das catro actualmente viventes do xénero Ursus.
Oso negro americano, oso negro Ursus americanus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Oso negro americano | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Ursus americanus Pallas, 1780 | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1780 polo médico, zoólogo e botánico alemán Peter Simon Pallas, nun traballo publicado en Spicil. Zool. 14: 5.[2]
Sinónimo
Ademais de polo seu nome actualment válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[3]
Subespecies
Dentro da especie recoñécense as seguintes subespecies:[2]
- U. a. altifrontalis
- U. a. amblyceps
- U. a. americanus
- U. a. californiensis
- U. a. carlottae
- U. a. cinnamomum
- U. a. emmonsii
- U. a. eremicus
- U. a. floridanus
- U. a. hamiltoni
- U. a. kermodei
- U. a. luteolus
- U. a. machetes
- U. a. perniger
- U. a. pugnax
- U. a. vancouveri
Características
Ursus americanus é o oso máis común de Norteamérica. É máis pequeno que o oso pardo e o oso polar, presentando unha cor de pel máis ou menos escura (segundo as rexións onde habita vai da negra á branca, pasando pola roxa e a gris prateada).[4]
Ten un corpo robusto, a cola curta, as orellas pequenas a arredondadas. Seu pelo escuro é curto e lacio. O perfil do rostro é recto, co fociño longo. As súas garras, curtas (menos de 50 mm), son negras e ganchudas. En distancias pequenas pode alcanzar unha velocidade de até os 40 km/h. Os machos chegan a medir 2,87 m de lonxitude, e as femias 2,55 m. A masa corporal vai de os 60 a os 280 kg para os machos, e dos 40 aos 180 kg nas femias. [4]
Distribución
A área de distribución actual de Ursus americanus sitúase entre os 69° 29' N até os 23° 14' N (cun rexistro incidental no estado mexicano de Hidalgo até os 21° 5' 30" N),[5] e entre os 52° 49' L aos 164° 10' O.[1]
Habita nunha superficie xeográfica que vai desde o norte do Canadá e de Alasca até alcanzar as súas áreas máis meridionaiss nas mesetas do centro de México, nos estados de Querétaro, Guanajuato e Hidalgo; e das costas atlánticas ás costas do pacíficas de Norteamérica. Está presente en gran número de estados estadounidenses, en todas as provincias canadenses e en zonas agrestes das serras norteñas mexicanas dos estados citados.[6]
Estado de conservación
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status desta especie como LC (pouco preocupante) porque está moi estendida e ocupa gran parte da súa distribución histórica.
Estímase que a súa poboación é máis do dobre que a de todas as outras especies de osos xuntas. Dentro dos Estados Unidos, as poboacións foron expandíndose numérica e xeograficamente. A caza legal é a principal causa de mortalidade, e está ben controlada polas axencias de xestión estatais e provinciais dos Estados Unidos e o Canadá, respectivamente. A caza está prohibida en México. As ameazas a nivel de poboación só existen nalgúns lugares illados, e están relacionadas principalmente coa fragmentación do hábitat e os conflitos entre os osos e as persoas. Moitas axencias de xestión preocúpanse máis en controlar o crecemento da poboación desta especie, a través da recolleita legal, que en promover un maior crecemento e expansión xeográfica (o que podería aumentar os conflitos entre humanos e osos).[1]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.