From Wikipedia, the free encyclopedia
Ureaplasma urealyticum é unha especie bacteriana do xénero Ureaplasma e a familia Mycoplasmataceae.[1] Esta familia consta dos xéneros Mycoplasma e Ureaplasma. A súa cepa tipo é a T960.
Ureaplasma urealyticum | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Ureaplasma urealyticum Shepard et al., 1974 |
As seis especies recoñecidas do xénero Ureaplasma teñen un contido GC do 27 ao 30 % e un tamaño de xenoma que vai de 0,76 a 1,17 millóns de pares de bases e necesitan colesterol para o seu crecemento.[2] Unha característica definitoria do xénero é que hidrolizan a urea. Algunhas cepas clasificadas orixinalmente como U. urealyticum considérase que deberían ser tratadas como unha nova especie, co nome U. parvum.[3]
U. urealyticum pode causar uretrite e vaxinose bacteriana.[4] Tamén foi asociada con casos de infertilidade.[4] A infección por esta especie pode ocorrer tamén en sitios extraxenitais.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.