From Wikipedia, the free encyclopedia
A Unión Monetaria Latina (UML) foi un intento do século XIX por unificar varias moedas europeas nunha común que podería ser empregada en todos os estados membros. Estableceuse en 1865 e disolveuse en 1927.
Unión Monetaria Latina | |
---|---|
Acrónimo | LMU, UML, ΛΝΕ, UML, UML, UML e LMU |
Tipo | Unión monetaria e división administrativa |
Ideoloxía | Pan-Latinism |
Data de fundación | 23 de decembro de 1865 |
Data de disolución | 1 de xaneiro de 1927 e 5 de agosto de 1914 |
Fundador(es) | Segundo Imperio Francés e Napoleón III |
[ editar datos en Wikidata ] |
O día 23 de decembro de 1865 o Segundo Imperio Francés, Bélxica, o Reino de Italia e Suíza formaron a Unión Monetaria Latina e acordaron establecer o cambio das súas moedas a un estándar de 4,5 g de prata ou 0,290322 g de ouro (unha proporción de 15,1 a 1) e facelas intercambiables gratuitamente. O acordo tomou forza a partir do 1 de agosto de 1866 cando o Reino de España e o Reino de Grecia en 1868 e o Reino de Romanía, o Imperio Austro-Húngaro, o Principado de Bulgaria, Venezuela, o Reino de Serbia, o Principado de Montenegro, San Marino e os Estados Pontificios en 1889 se uniron. En 1904, as Antillas Neerlandesas tamén estableceron este estándar aínda que non se integrou na Unión.
Un paralelismo pode ser visto entre as discusións que houbo no Reino Unido ante a posibilidade de que este se integrase na unión monetaria, e as actuais discusións sobre se debe entrar ou non na zona euro.
A proposta incluía reducir a cantidade de ouro que contiña unha libra esterlina en menos dun 1% para así facer 1 libra equivalente a 25 francos.
Os Estados Unidos deron varios pasos que poderían preparar o país para unirse a Unión Monetaria Latina, pero nunca o fixeron. A súa moeda era xa un 4 % do estándar da UML no entanto que 5 francos da UML eran iguais a 1 $.
Exemplos de unidades monetarias.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.