Twilight (filme de 2008)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Twilight (Solpor) é un filme de vampiros dirixido por Catherine Hardwicke e baseado na exitosa novela homónima, escrita por Stephenie Meyer. A produción comezou en febreiro de 2008 e foi estreada o 21 de novembro nos EUA e o 5 de decembro en España. Crepúsculo é a primeira parte dunha serie, á que lle seguen New Moon, Eclipse e Breaking Dawn, todas da autoría de Meyer. A rodaxe concluíu o 2 de maio de 2008. Nas súas primeiras dúas semanas nas salas de cinema, recadou máis de 150 millóns de dólares.

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
Remove ads
Remove ads

Sinopse

Historia de amor entre un vampiro e unha rapaza adolescente. Bella Swan (Kristen Stewart) sempre foi unha moza moi diferente dos seus compañeiros do instituto de Phoenix. Cando a súa nai volveu casar, Bella decide ir vivir co seu pai á pequena e chuviosa cidade de Forks (Washington) para que súa nai poida viaxar coa súa actual parella, Phil, xa que é xogador de béisbol profesional. Para ela a cidade non ten nada que lle cause interese, pero entón coñece ó misterioso e afouto Edward Cullen (Robert Pattinson), un rapaz distinto ós demais.

Remove ads

Personaxes

Principais
  • Kristen Stewart como Bella Swan: Adolescente de dezasete anos que se muda a Forks e que se namora do vampiro Edward Cullen. Ámbolos dous senten unha paixón que non poden evitar. Namóranse incondicional e irrevocablemente.
  • Robert Pattinson como Edward Cullen: vampiro desde 1918, debido a unha epidemia de gripe española, coa aparencia dun adolescente de dezasete anos. Foi o primeiro en formar parte da familia e é o único capaz de ler as mentes dos demais agás a de Bella.
Secundarios
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads