comedia de William Shakespeare From Wikipedia, the free encyclopedia
Noite de reis[1] (en inglés: Twelfth Night ou What You Will) é unha obra de comedia de William Shakespeare, que puido ser escrita arredor dos anos 1601 1602 como un entretemento para a tempada de Nadal. A obra céntrase nos xemelgos Viola e Sebastian, que son separados por mor dun naufraxio. Viola (que se disfraza de Cesario) namórase do duque Orsino, que á súa vez está namorado da Condesa Olivia. Despois de coñecer a Viola, a condesa Olivia namórase dela ó pensar que é un home.
Noite de reis | |
---|---|
Primeira páxina da edición publicada en 1623. | |
Título orixinal | Twelfth Night |
Autor/a | William Shakespeare |
Orixe | Inglaterra |
Lingua | Inglés |
Colección | Clásicos universais (Galaxia) |
Xénero(s) | Teatro |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 2003 |
Páxinas | 217 |
ISBN | 84-8288-624-X |
Tradución | Miguel Pérez Romero |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A obra conta con interludios musicais que foron creados para a ocasión,[2] con elementos da trama extraídos da historia curta "Of Apollonius and Silla" de Barnabe Rich, baseada na historia de Matteo Bandello. A primeira representación rexistrada foi a do 2 de febreiro de 1602, no día da Candeloria, o remate formal do ano segundo o calendario cristián. A obra non foi publicada até a súa inclusión en First Folio en 1623.
Foi traducido ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Editorial Galaxia no ano 2003.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.