O tudel, ferrete ou courel é unha das partes da palleta da gaita galega.

Thumb
Palletas de cana para gaita galega.

Características

Situado na parte baixa e interior das dúas lingüetas que forman a parte vibrante e sonora da palleta o tudel posibilita a unión das mesmas e conduce o son cara ao punteiro. A forma cilíndrica do tudel facilita o encaixe da palleta no espigo do punteiro e o seu enfiado permite introducir nel máis ou menos a palleta. O xogo de tudel e espigo dá unha marxe na afinación do punteiro, máis baixa canto máis alta sexa a colocación e máis alta canto máis baixa sexa; ofrecendo en consecuencia un xogo paralelo na apertura das lingüetas da palleta que poderemos abrir ou pechar (baixando ou subindo a afinación do punteiro respectivamente) para adecuar a dureza do tempero ás necesidades do gaiteiro.

O tudel está feito por un tubo metálico, habitualmente de cobre, ou enrolando un anaco de latón ou lata para darlle forma cilíndrica. As medidas aproximadas do tudel son: entre quince e vinte milímetros de longo por uns tres ou catro milímetros de diámetro interior. O tudel é esmagado e limado por un dos extremos onde despois irá colocada e enfiada a cana que forma as lingüetas da palleta. Na zona oriental de Galicia tamén apareceron algunhas palletas cun tudel feito de cálamo de pluma de galiña.

Desde un punto de vista xeral o tudel é unha especie de disco, tubo cilíndrico ou peza metálica rematado nun revestimento de cortiza ou fío que se utiliza nos instrumentos aerófonos de cana ou lingüeta como o saxofón ou o fagot. As canas ou lingüetas fíxanse ao tudel cun sistema de enfiado ou mediante unha boquilla por presión á que se lle une a lingüeta mediante unha abrazadeira.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Os segredos da gaita, Xosé Lois Foxo, Deputación Provincial de Ourense, 2004, Ourense.
  • Os instrumentos musicais na tradición galega, Carpintero Arias, Pablo; Difusora de letras artes e ideas, Ourense 2009, páx. 343.
  • O berce das palletas, A Construción de palletas e pallóns. Marín Martínez, Xoán Ramón; Asociación de Gaiteiros Galegos, Pontevedra. 2009. páx. 27-30.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.