Escritor xaponés de manga From Wikipedia, the free encyclopedia
Tsugumi Ōba (大場 つぐみ Ōba Tsugumi?, nado o 2 de xaneiro de 1960 en Toquio) é o pseudónimo dun artista de manga xaponés. É coñecido por ser o autor da serie Death Note xunto co ilustrador Takeshi Obata dende 2003 a 2006, que vendeu 26,5 millóns de volumes.[1] A segunda serie de ambos, Bakuman. (2008–2012), tamén tivo éxito, con máis de 15 millóns de volumes vendidos.[2] No 2014, colaborou co creador de My Little Monster, Robico, para o one-shot Skip! Yamada-kun.[3]
Nome orixinal | (ja) 大場 つぐみ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XX Toquio, Xapón |
Actividade | |
Ocupación | guionista de cómics |
Período de actividade | 2003 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
|
A súa identidade real permanece en segredo.[4] Ten citado a Shotaro Ishinomori, Fujiko Fujio e Fujio Akatsuka como creadores manga que o inspiraron fortemente.[5] Como se detalla no espazo do escritor reservado no comezo de cada volume de Death Note, Ōba colecciona cuncas de té e desenvolve os argumentos dos seus mangas mentres sostén os seus xeonllos sentado nunha cadeira, dun xeito semellante a como fai a personaxe de L, un dos principais da serie.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.