Troáns, Cuntis
parroquia civil do concello de Cuntis From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Cuntis From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Troáns é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Cuntis, na comarca de Caldas. Limita coas parroquias de Estacas e Cuntis, e cos concellos de Moraña e Caldas de Reis.
Troáns | |
---|---|
Capela de San Ildefonso. | |
Concello | Cuntis[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°37′11″N 8°35′39″O |
Área | 12,8 km² |
Poboación | 720 hab. (2011) |
Densidade | 56,25 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1836 tiña unha poboación de feito de 574 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 1008 a 732 persoas, o cal significou unha perda do 35,1%. Segundo o IGE en 2011 tiña 720 habitantes (375 mulleres e 345 homes).
O topónimo Troáns procede (pasando pola caída da lateral intervocálica) dun antropónimo xermánico na locución [villa(m)] Thrudilanis[2] e está composto por thrud, "forza", un sufixo diminutivo illa e a terminación do xenitivo latino.
Lugares da parroquia de Troáns no concello de Cuntis (Pontevedra) | |
---|---|
O Campo | A Cova | Folgar | Guldrigáns | Hervés | Lornés | Novás | Pena de Arriba | Pena de Vilabar | San Ildefonso | O Sequelo | Sobrada | Vilabar de Abaixo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.