From Wikipedia, the free encyclopedia
A trombospondina 1, abreviada como THBS1 (ou TSP1), é unha proteína que nos humanos está codificada no xene THBS1 do cromosoma 15.[1][2]
Estruturas dispoñibles | |||
---|---|---|---|
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB | ||
Identificadores | |||
Símbolos | THBS1 (HGNC: 11785) THBS, THBS-1, TSP, TSP-1, TSP1, trombospondina 1 | ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 15 q14 | ||
Padrón de expresión de ARNm | |||
Máis información | |||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
A trombospondina 1 é unha subunidade dunha proteína homotrimérica ligada por ponte disulfuro. Esta proteína é unha glicoproteína adhesiva que media as interaccións célula-célula e célula-matriz extracelular. Pode unirse ao fibrinóxeno, fibronectina, laminina, coláxeno tipo V e integrinas alfa-V/beta-1. Intervén na agregación plaquetaria, anxioxénese e tumoroxénese.[3]
A proteína trombospondina 1 é un dos membros da familia das trombospondinas. É unha glicoproteína de matriz multidominio que é un inhibidor natural da neovascularización e a tumoroxénese en tecidos sans. A esta proteína atribuíuselle unha modulación positiva e negativa da adhesión das células endoteliais, motilidade e crecemento, o cal non debería ser sorprendente tendo en conta que interacciona con polo menos 12 receptores de adhesión celular, como o CD36, as integrinas αv e β1, o sindecano e a proteína asociada á integrina (IAP ou CD47). Tamén interacciona con numerosas proteases implicadas na anxioxénese, como o plasminóxeno, uroquinase, metaloproteinase de matriz, trombina, catepsina e elastase.
A trombospondina 1 únese aos receptores de reelina, ApoER2 e VLDLR, afectando a migración neuronal na corrente migratoria rostral.[4]
As diversas funcións das TSP foron atribuídas a varios motivos de recoñecemento. A caracterización destes motivos levou ao uso de proteínas recombinantes que conteñen estes motivos; estas proteínas recombinantes considéranse útiles na terapia do cancro. A TSP-1 3TSR é unha versión recombinante do dominio antianxioxénico THBS1 contén os tres dominios de repeticións de trombosopondina 1 tipo 1 (TSR), que pode activar o factor de crecemento transformante beta 1 (TGFβ1) e inhibir a migración de células endoteliais, a anxioxénese e o crecemento tumoral.[5]
A actividade de trombospondina foi mapeada en varios dominios, en especial o dominio de unión á heparina amino terminal, o dominio procoláxeno, as repeticións similares á properdina tipo 1, e o dominio globular carboxilo terminal. A proteína tamén contén repeticións de tipo II con homoloxía similar ao factor de crecemento epidérmico e repeticións de tipo III que conteñen unha secuencia RGD.[6]
O dominio de unión á heparina N-terminal da TSP1, cando é illado como un fragmento de 25 kDa, é un potente indutor da migración celular a altas concentracións. Porén, cando este dominio é clivado, os restantes dominios anti-anxioxénicos fan diminuír a actividade anti-anxioxénica a baixas concentracións onde ocorre un incremento da migración das células endoteliais. Isto pode explicarse en parte pola capacidade do dominio de unión á heparina de mediar a unión da TSP1 ás células, permitindo que os outros dominios exerzan os seus efectos. As diferentes funcións que desempeña a rexión de unión á heparina da TSP1 a altas concentracións comparadas coas que exerce a baixas concentracións poden ser en parte responsables de regular a dobre natureza do TSP1 e considérase un regulador tanto positivo coma negativo da anxioxénese.[7]
Tanto o dominio de procoláxeno coma as repeticións de tipo I da TSP1 inhiben a neovascularización e a migración de células endoteliais. Porén, é improbable que o mecanismo de acción destes dous fragmentos sexa o mesmo. As repeticións de tipo I da TSP1 poden inhibir a migración de células endoteliais nun ensaio en cámara de Boyden despois dunha exposición de 3-4 horas, mentres que cómpre un período de exposición de 36 a 48 horas para a inhibición da migración de células endoteliais co dominio de procoláxeno.[7] Mentres que os ensaios de membrana corioalantoica (CAM) indican que as repeticións de tipo I da TSP1 son anxioxénicas, tamén indican que a secuencia de procoláxeno carece de actividade antianxioxénica. Isto pode deberse en parte a que o extremo animo terminal da TSP1 difire máis que o carboxilo terminal entre especies, pero pode tamén suxerir diferentes mecanismos de acción.[8]
A TSP1 contén tres repeticións de tipo I, e só se observou que as dúas últimas inhiban a anxioxénese. O motivo de repetición de tipo I é máis efectivo que a proteína completa na inhibición da anxioxénese e contén non só unha senón dúas rexións de actividade. O extremo amino terminal contén un motivo rico en triptófano que bloquea un factor de crecemento de fibroblastos (FGF-2 ou bFGF) que impulsa a anxioxénese. Tamén se encontrou que esta rexión impide a unión de FGF-2 a células endoteliais, suxerindo que o seu mecanismo de acción pode ser secuestrar FGF-2. A segunda rexión de actividade, a rexión de unión a CD36 da TSP1, pode encontrarse na metade carboxilo terminal das repeticións de tipo I.[8] Suxeriuse que a activación do receptor de CD36 causa un incremento na sensibilidade das células endoteliais aos sinais apoptóticos.[9][10] As repeticións de tipo I únense á heparina, fibronectina, TGF-β e outros, antagonizando potencialmente os efectos destas moléculas sobre as células endoteliais.[11] Porén, o CD36 xeralmente considérase que é o receptor para a TSP1 de sinalización inhibitoria dominante, e a expresión de CD36 nas células endoteliais está restrinxida ás células endoteliais microvasculares.
As repeticións de tipo I solubles diminúen a cantidade de células endoteliais ao inhibir a proliferación e promover a apoptose. A unión de células endoteliais á fibronectina inverte parcialmente este fenómeno. Os fragmentos proteicos de repeticións de tipo I unidos serven como factores de adhesión das células endoteliais e de melanoma.[12]
O dominio carboxilo terminal da TSP1 crese que media a unión celular e únese a outro importante receptor para a TSP1, o IAP (ou CD47).[13] Ese receptor é considerado necesario para as respostas das células vasculares mediadas pola TSP1 estimuladas polo óxido nítrico e a sinalización por GMP cíclico.[14] Varios dominios e receptores da TSP1 teñen actividades proadhesivas e quimiotácticas para as células cancerosas, o que suxire que esta molécula pode ter un efecto directo sobre a bioloxía do cancro independentemente das súas propiedades antianxioxénicas.[15][16]
Bloquear a unión de TSP1 ao seu receptor da superficie celular (CD47) fai que o tecido normal se volva case inmune á terapia de radiación contra o cancro e axuda á morte do tumor.[17]
A trombospondina 1 interacciona con:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.