From Wikipedia, the free encyclopedia
Trichiurus lepturus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, que é o tipo da familia dos triquiúridos e da subfamilia dos triquiurinos,[1] que son coñecidos vulgarmente como sabres,[2] ou peixes sabre.[3]
Trichiurus lepturus Sabre común | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 |
Esta especie, coñecida vulgarmente como sabre común,[4] é un peixe bento-peláxico, anfídromo que pode habitar en augas mariñas e salobres,[5] de corpo longo e delgado.
Os sabres poden chegar a ter 2 m de lonxitude; dos pescados, o que máis peso tivo foi de 5 kg e o de máis tempo tiña 15 anos.[Cómpre referencia]
Vive en augas tropicais e temperadas, pouco profundas, de 0 a 589 m de profundidade, usualmente entre os 100 e os 350 m,[6] de todos os mares do mundo, entgre os 49° N e os 54° S, e entre os 114° W e os 180° E.[7]
Sobe para comer durante o día para, apañar crustáceos planctónicos (cando son pequenos, pasando logo a pequenos peixes, e logo xa a outros peixes máis grandes e cangrexos) e retornando ao leito do mar pola noite.[Cómpre referencia]
A especie foi descrita polo naturalista sueco Carl von Linné (en latín Carolus Linnaeus), na 10ª edición do seu Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, (Ler en liña).[1]
O epíteto específico, lepturus, Linneo tirouno da raíz do termo do grego antigo λεπτός leptós, "pelado", "limpo", "delgado", "fraco", e o sufixo grego -ουρος -ouros (derivado do grego antigo οὐρά ourá, "cola").[8] Literalmente: "de cola delgada".
Nota: para a etimoloxía do nome xenérico, ver Trichiurus.
Ademais do nome que lle impuxo Linneo, e que é o actualmente válido, ao longo do tempo a especie foi coñecida polos sinónimos seguintes:[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.