O meliloto[1] (Melilotus officinalis) é unha especie herbácea pertencente á familia das leguminosas, que se cultiva como planta forraxeira. O seu característico cheiro doce intensifícase pola secaxe e débese ao seu alto contido en cumarina.
Meliloto | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Melilotus officinalis | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Descrición
Herba anual ou bienal, dunha altura media de 8 dm, moi ramificada; raíz pivotante, cosmopolita en terreos incultos. Sistema radicular de eixo principal pivotante, groso, con algunhas ramificacións; en formas bienais é máis leñosa ca as anuais. Follas alternas trifoliadas, con folíolos dentados, de obovais a oblongos, estípulas enteiras soldadas co pecíolo. Flores pequenas con corola amarela, agrupadas en acios curtos semellantes a espigas. O froito é un legume ovado, liso, con costelas transversais, de 2 mm de diámetro e con 1-2 sementes.
Uso medicinal
É usada na fitoterapia. Promovería a "drenaxe linfática", redución de retención de líquidos, particularmente nos tecidos da parede venosa. Rouquén, catarros, amígdalas, antivaricoso (hedras). Adstrinxente.
Toda a planta bota un forte cheiro a cumarina, en especial ao fretala ou cando enxuga. Utilízanse as follas e os restos florais secos.
O principal compoñente (e ao cal se debe o seu recendo), é o glicósido cumarina, C9H6O2: lactona do ácido ortohidroxicinámico. Este glicósido é solúbel en alcol, cloroformo e éter e preséntase en forma de cristais prismáticos, incoloros, de cheiro fragrante e sabor moi agre.
A dicumarina, dicumarol ou antiprotrombina, C19O6H12, prodúcese por fermentación da forraxe cando a forraxe fenifica mal, é utilizada en medicamento humano para o tratamento da trombose. A dicumarina é o composto anticoagulante responsábel de hemorraxias internas xeneralizadas moi características dos animais cando inxiren a devandita forraxe.
A Melilotus officinalis é unha especie capaz de acumular nitratos en cantidades nocivas.[2]
Néctar
É moi boa fonte de néctar para apiarios (abellas, abesouros).
Taxonomía
Melilotus officinalis foi descrita por (L.) Pall. e publicado en Journal of Botany, British and Foreign 66: 141. 1928.[3]
Melilotus: nome xenérico que deriva das palabras gregas: meli que significa "mel", e lotos, unha leguminosa.[4]
officinalis: epíteto latíno que significa "oficinal[5]", isto é, que ten aplicacións medicinais ou farmacéuticas.
- Medicago officinalis (L.)E.H.L.Krause
- Melilotus arenarius Grecescu
- Melilotus arvensis Wallr.
- Melilotus melilotus-officinalis Asch. & Graebn.
- Melilotus neglectus Ten.
- Melilotus pallidus Ser.
- Melilotus petitpierreanus Willd.
- Trifolium Melilotus officinalis L.
- Trifolium melilotus-officinalis L.
- Trifolium officinale L.[6][7]
Nome común
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.